escola imaxinada

27 de oct de 20191 min.

Animalario Fantástico

Actualizado: 3 de feb de 2022

Esta proposta foi deseñada co obxectivo de favorecer un imaxinario máis persoal, afastado de propostas convencionais.

Consiste inicialmente na creación dun animalario a partir de fotografías impresas de animais, seleccionando as diferentes partes da súa anatomía para, a continuación, ensamblalos e xerar un animal fantástico.

A segunda parte da actividade consiste en debuxar os animais fantásticos con diferentes técnicas (debuxo de observación): lapis, rotuladores, ceras, tinta, bolígrafo, etc. Trátase de explorar con formas, cores, técnicas e soportes, realizando varios debuxos do mesmo animal que conforman unha serie.

O desenvolvemento desta proposta está incluída no libro "Educar a través da arte: cara a unha escola imaxinada".


Animalario Fantástico

Esta propuesta fue diseñada con el objetivo de favorecer un imaginario más personal, alejado de propuestas convencionales. Consiste inicialmente en la creación de un animalario a partir de fotografías impresas de animales, seleccionando las diferentes partes de su anatomía para a continuación ensamblarlos para generar un animal fantástico.

La segunda parte de la actividad consiste en dibujar los animales fantásticos con diferentes técnicas (dibujo de observación): lápiz, rotuladores, ceras, tinta, bolígrafo, etc. Se trata de explorar con formas, colores, técnicas y soportes, realizando varios dibujos del mismo animal que conforman una serie.

El desarrollo de esta propuesta está incluida en el libro "Educar a través da arte: cara a unha escola imaxinada".

    5800