• escola imaxinada

Como achegar artistas á infancia? /Cómo acercar artistas a la infancia?

Updated: Nov 15

En primeiro lugar, é necesario aclarar que o concepto de «arte» non é o mesmo para a infancia que para as persoas adultas. Para as crianzas ten que ver co que eles crean, non coas obras doutras persoas que se expoñen nos museos.


O debuxo é, para o nenos e nenas, un medio de expresión. O seu valor reside nos procesos; procesos que mostran como pensan e senten o mundo e como se constrúen e se relacionan nel. As producións da infancia non deben ser avaliadas en función do produto final. É por iso que debemos ter coidado co concepto «artístico», no que se valora o resultado de acordo á convención adulta (bonito, agradable, realista...).


Unha vez aclarado isto é lóxico que nos preguntemos: debemos achegar as obras dos e as artistas ás aulas? e, nese caso, como facelo?


Vea Vecchi, atelierista en Reggio Emilia, prevennos de que «debemos ter sumo coidado en analizar como achegamos as obras de arte aos nenos e as nenas: nunca co obxecto de que os artistas se convertan en modelo a copiar para pintar como eles, senón como unha forma de provocar unha cultura visual ou artística que poida ser un alimento máis para o desenvolvemento do imaxinario persoal».


É fundamental que o alumnado desenvolva a súa creatividade a través dos seus propios procesos e liñas de investigación –sobre cor, forma, simbolismo, abstracción, figuración, activismo…– cun amplo abano de referentes e non a través da copia dunha obra. Para levar a cabo esta tarefa é importante que, cando acheguemos referentes artísticos á aula, temos que ter claro o para que: iniciar procesos personais e abertos, que non se pechen nun resultado final predeseñado de antemán.


Imos explicalo cun caso concreto moi habitual nas aulas: o artista Piet Mondrián, do que podemos atopar moitas fichas coas súas composicións que os nenos e nenas colorean e reproducen sen entender os procesos levados a cabo.


Mondrian (1872-1844) foi un pintor das vangardas europeas, representante da «abstracción xeométrica». Ao longo da súa traxectoria, de máis de trinta anos, podemos observar a súa investigación coas formas que vai desde a figuración cara á abstracción. Unha serie representativa para entender a súa evolución son as pinturas dunha maceira que realizou durante varios anos, desde 1908 ata 1912. Nelas pódese observar como cada nova pintura afástase máis da árbore como referente e achégase á abstracción. Este percorrido lévalle a unha procura de formas "puras", onde se eliminan características sensoriais como a textura, as curvas, a maioría de cores e, en xeral, todo o figurativo. O resultado son as súas coñecidas composicións xeométricas coas cores primarias (amarelo, vermello e azul) delimitados por liñas negras.


Esta secuencia de tres imaxes pode axudar a entender o proceso:


A árbore vermella, 1909 e Maceira en flor, 1912

Composición en vermello, amarelo, azul, branco e negro, 1921


Mondrian non foi o único artista en realizar este camiño cara á abstracción xeométrica. Por tanto, poderiamos investigar e introducir outros referentes e incluír a autores e autoras da época como: Sophie Tauber-Arp, Hilma af Klimt, Kandinsky ou Malevich.


Fóra de Europa, outras tradicións enfocaron ese proceso de abstracción desde outras perspectivas. En Brasil, por exemplo, dentro do movemento Neo-Concreto dos anos 60, atopamos a Lygia Page, cos seus bichos tridimensionais e a Lygia Clark e os seus libros-escultura que describen de forma abstracta a creación da Terra.


Xogos moi antigos como o Tangram, son un referente na creación de procesos de abstracción e figuración xeométrica. Unha preocupación que estivo presente tamén en pedagogos como Froebel ou Pestalozzi, que achegaban a natureza á infancia desde a simplificación a partir da xeometría.


Tamén é importante ofrecer exemplos do contexto próximo dos nenos e nenas: moitos tecidos e motivos decorativos de artesanía e arquitectura e mesmo álbums ilustrados, sérvennos para amosar o concepto de abstracción.


Nós nunca levamos un único artista á aula, senón que ofrecemos diferentes procesos persoais ante unha mesma cuestión. Neste caso, por exemplo, podemos recoller todas estas obras e imprimilas nun libro co título Abstracción xeométrica, para incluílo na nosa biblioteca da aula como un recurso máis ao dispor dos nenos e nenas. Deste xeito, este material contribúe a crear unha cultura visual e a ampliar o imaxinario persoal dos nenos e nenas, ao mesmo tempo que lles incentiva a observar a diversidade de procesos e descubrir e explorar os seus propios.


Exemplo de referentes que podemos incluir no noso libro de "abstracción xeométrica":


Aleksandr Rodchenko. (c. 1920). Sen título. Lápis sobre papel de color, 31 x 21 cm.

Lyubov Popova. 1921. Estudio para Espazo-Forma Construción. Cera sobre papel 27 x 21 cm


Sophie Taeuber-Arp, 1930. Composition of Circles and Overlapping Angles. Óleo sobre lenzo 49.5 x 64.1 cm


Lygia Clark (1963-64). Bicho (320). Aluminio, dimensións variables.


Lygia Pape (1959). Livro da Criação. Gouache e témpera sobre cartón.

Libro despregable formado por dezaseis páxinas ou paneis. Capa panel é unha escultura abstracta que pode ser manipulada polo espectador, que así participa e completa a obra. Esta obra de Pape crea paralelismos entre a creación da terra, en canto desenvolvemento orgánico da terra, e a creatividade humana, inseparable da natureza.

Libro desplegable formado por dieciséis páginas o paneles. Capa panel es una escultura abstracta que puede ser manipulada por el espectador, que así participa y completa la obra. Esta obra de Pape crea paralelismos entre la creación de la tierra, en cuanto desarrollo orgánico de la tierra, y la creatividad humana, inseparable de la naturaleza.


Atsuko Tanaka(1968). Círculos de area. Fotograma da performance.


Leo Lionni (1962). Pequeno azul e pequeno amarelo. Álbum ilustrado.


Tangram, xogo chinés moi antiguo, que consiste en formar siluetas de figuras con sete pezas sen solapalas.


Alma Siedhoff-Buscher, Xogo de construción (1923).

Debuxo froebelino (collaxe). Caderno con modelos para as ocupacións do programa de Froebel, c. 1900. 44 x 29 cm. (c/u).


Cerámica de Sargadelos (laboratorio de formas).


Colcha tradicional galega tecida co punto nido de abella (finais do s. XIX, principios do XX).



¿CÓMO ACERCAR ARTISTAS A LA INFANCIA?


En primer lugar, es necesario aclarar que el concepto de «arte» no es el mismo para la infancia que para las personas adultas. Para las criaturas tiene que ver con lo que ellos crean, no con las obras de otras personas que se exponen en los museos.


El dibujo es, para lo niños y niñas, un medio de expresión. Su valor reside en los procesos; procesos que muestran cómo piensan y sienten el mundo y cómo se construyen y se relacionan en él. Las producciones de la infancia no deben ser evaluadas en relación al producto final. Es por eso que debemos tener cuidado con el concepto «artístico», en el que se valora el resultado de acuerdo a la convención adulta (bonito, agradable, realista...).


Una vez aclarado esto es lógico que nos preguntemos: ¿debemos acercar las obras de los y las artistas a las aulas? y, en ese caso, ¿cómo hacerlo?


Vea Vecchi, atelierista en Reggio Emilia, nos previene de que «debemos tener sumo cuidado en analizar cómo acercamos las obras de arte a los niños y las niñas: nunca con el objeto de que los artistas se conviertan en modelo a copiar para pintar como ellos, sino como una forma de provocar una cultura visual o artística que pueda ser un alimento más para el desarrollo del imaginario personal».


Es fundamental que el alumnado desarrolle su creatividad a través de sus propios procesos y líneas de investigación –sobre color, forma, simbolismo, abstracción, figuración, activismo…– con un amplio abanico de referentes y no a través de la copia de una obra. Para llevar a cabo esta tarea es importante que, cuando acerquemos referentes artísticos al aula, lo hagamos siempre teniendo claro el para qué: iniciar procesos personales y abiertos que no se cierren en un resultado final prediseñado de antemano.


Vamos a explicarlo con un caso concreto muy habitual en las aulas: el artista Piet Mondrián, del que podemos encontrar muchas fichas con sus composiciones que los niños y niñas colorean y reproducen sin entender los procesos creativos que subyacen en ellas.


Mondrian (1872-1844) fue un pintor de las vanguardias europeas, representante de la «abstracción geométrica». A lo largo de su trayectoria, de más de treinta años, podemos observar una investigación de las formas que va desde la figuración hacia la abstracción. Una serie representativa para entender su evolución son las pinturas del manzano que realizó durante varios años, desde 1908 hasta 1912. En ellos se puede observar como cada nueva pintura se aleja más del árbol como referente y se acerca a la abstracción. Este recorrido le lleva a una búsqueda de formas "puras", donde se eliminan características sensoriales como la textura, las curvas, la mayoría de colores y, en general, todo lo figurativo. El resultado son sus conocidas composiciones geométricas con los colores primarios (amarillo, rojo y azul) delimitados por líneas negras. Las tres primeras imágenes pueden ayudar a entender ese proceso.


Mondrian no fue el único artista en llevar a cabo este camino hacia la abstracción geométrica. Por lo tanto, podríamos investigar otros referentes e incluir a autores y autoras de la época como: Sophie Tauber-Arp, Hilma af Klimt, Kandinsky o Malevich.


Fuera de Europa, otras tradiciones han enfocado ese proceso de abstracción desde otras perspectivas. En Brasil, por ejemplo, dentro del movimiento Neo-Concreto de los años 60, encontramos a Lygia Page, con sus bichos tridimensionales y Lygia Clark y sus libros-escultura que describen de forma abstracta la creación de la Tierra.


Juegos muy antiguos como el Tangram, son también un referente en la creación de procesos de abstracción y figuración geométrica. Una preocupación que estuvo presente en pedagogos como Froebel o Pestalozzi, que acercaban la naturaleza a la infancia desde la simplificación a través de la geometría.


También es importante ofrecer ejemplos del contexto próximo de la infancia: muchos tejidos y motivos decorativos de artesanía y arquitectura e incluso álbues ilustrados, nos pueden servir para trabajar el concepto de abstracción.


Nosotros no llevamos un único artista al aula, sino que mostramos diferentes procesos personales ante una misma cuestión. En este caso, por ejemplo, podemos recoger numerosos trabajos, como los vistos en las imágenes arriba, imprimirlos en un libro con el título Abstracción geométrica e incluirlo en nuestra biblioteca de aula como un recurso más a disposición de los niños y niñas. De esta manera contribuye a crear una cultura visual y a ampliar su imaginario personal, al mismo tiempo que les incentiva a observar la diversidad de procesos y descubrir y explorar los suyos propios.

193 views1 comment
 

©2020 escola imaxinada