• escola imaxinada

Debuxar o mundo (edición en galego)

Actualizado: 26 ene


A editorial Galaxia acaba de publicar en galego o libro Debuxar o mundo: xogar, crear, compartir, gañador do premio Marta Mata de Pedagoxía outorgado pola asociación de Mestres Rosa Sensat no 2020. En palabras do xurado: "É un libro cativador, que parte das experiencias dos seus autores como artistas e profesores e nos traslada a un mundo de cores, formas e texturas: un mundo no que o debuxo se convirte nun medio espontáneo, democrático e inherente a nós mesmos".


O libro recolle as propostas de debuxo resultantes da nosa investigación artística realizada con nenos e nenas de infantil e primaria en colaboración con escolas, familias e grupos interesados ​​en metodoloxías activas. Agrúpanse en catro seccións: voltar a debuxar (pensadas para que as persoas adultas que traballan coa infancia recuperen o debuxo), contar debuxando (experiencias onde conviven palabras e imaxes), xogar debuxando (debuxo a través do xogo) e concienciar debuxando (debuxo activista).


Todas elas comparten unha serie de características: incidir na idea de proceso, é dicir, descubrir formas de facer abertas que non buscan un único resultado; experimentar con diferentes materiais artísticos, técnicas e linguaxes; favorecer a creación dun estilo e imaxinario persoal, afastándose das respostas estereotipadas; e educar o sentido estético.

O libro está pensado como unha ferramenta práctica, con máis de trinta talleres levados a cabo con recursos moi sinxelos facilmente transferibles ás aulas ou a obradoiros. Quixeramos destacar, e agradecer, a edición do libro, impreso en cor, o que permite achegarnos a ese mundo de experiencias visuais e táctiles que xurde da creatividade da infancia.


 

Recursos: Debuxar o mundo


La editorial Galaxia publica en gallego el libro Debuxar o mundo: xogar, crear, compartir galardonado con el premio Marta Mata de Pedagogía otorgado por la asociación de Mestres Rosa Sensat en el 2020. En palabras de la asociación: "es un libro cautivador, que parte de las experiencias de sus autores como artistas y profesores y nos traslada a un mundo de colores, formas y texturas: un mundo en el que el dibujo se convenirte en un medio espontáneo, democrático e inherente a nosostros mismos".


El libro recoge las propuestas de dibujo fruto de nuestra investigación artística llevadas a cabo con niños y niñas de infantil y primaria en colaboración con escuelas, familias y colectivos interesados en metodologías activas. Se agrupan en cuatro apartados: volver a dibujar (pensadas para que las personas adultas que trabajan con la infancia recuperen el dibujo), contar dibujando (experiencias donde conviven palabras e imágenes), jugar dibujando (dibujo a través del juego) y concienciar dibujando (dibujo activista). Todas ellas comparten una serie de características: incidir en la idea de proceso, es decir, descubrir formas de hacer abiertas que no buscan un único resultado; experimentar con diferentes materiales, técnicas y lenguajes artísticos; favorecer la creación de un imaginario y estilo personal apartándose de respuestas estereotipadas; y educar el sentido estético.

El libro está pensado como una herramienta práctica, con más de treinta talleres llevados a cabo con recursos muy sencillos fácilmente transferibles a las aulas o a talleres. Queremos destacar, y agradecer, la edición del libro, impreso en color, lo que permite acercarnos a ese mundo de experiencias visuales y táctiles que surge de la creatividad de la infancia.


480 visualizaciones4 comentarios