top of page
  • escola imaxinada

Medio retrato

Os retratos son imaxes onde predomina a cara, dunha persoa ou doutros animais, debuxados a partir da súa observación ou da súa descrición. Os retratos recollen aquilo que observamos pero non teñen que aterse ás calidades físicas senón que, moitas veces, ofrecen unha visión máis profunda da personalidade da persoa retratada, do seu estado de ánimo ou doutras características. Tamén existen os retratos literarios.


Esta proposta de debuxo xorde da observación do noso propio rostro que é debuxado sobre un papel, pero só unha metade. Tamén pode formularse doutras formas: debuxar a un compañeiro, ou debuxar un retrato a partir dunha descrición (debuxo de imaxinación).


Inicialmente fanse dúas pequenas marcas no bordo de cada papel, que indican onde empeza e acaba a forma da cara. Para que se poidan despois unir e intercambiar, nuns papeis fanse no lado esquerdo e noutros no dereito.

Unha vez rematados, os debuxos pódense unir uns con outros creando combinacións inesperadas nas que xorden novos rostros e expresións. Pero ademais, o xogo de unir os retratos uns cos outros, axúdanos a traballar outras cuestións como a empatía porque nos permite acoller ao outro, cos nosos parecidos e as nosas diferenzas.


Outra variación que vos convidamos a realizar é a de debuxar medios retratos de persoas e animais. Ao combinalos poderemos observarnos en relación con rostros non humanos e axudar así a potenciar o coidado dos outros seres vivos que conviven connosco.


 

Medio retrato


Los retratos son imágenes donde predomina la cara, de una persona o de otros animales, dibujados a partir de su observación o de su descripción. Los retratos recogen aquello que observamos pero no tienen que atenerse a las cualidades físicas, sino que muchas veces ofrecen una visión más profunda de la personalidad de la persona retratada, de su estado de ánimo o de otras características. También existen los retratos literarios.


Esta propuesta de dibujo surge de la observación de nuestro propio rostro que es dibujado sobre un papel, pero solo una mitad. También puede plantearse de otras formas: dibujar a un compañero, o dibujar un retrato a partir de una descripción (dibujo de imaginación).


Inicialmente se hacen dos pequeñas marcas en el borde de cada papel, que indican donde empieza y acaba la forma de la cara. Para que después se puedan unir e intercambiar, en unos papeles se hacen en lado izquierdo y en otros en el derecho.

Una vez terminados, los dibujos se pueden unir unos con otros creando combinaciones inesperadas en las que surgen nuevos rostros y expresiones. Pero además, el juego de unir los retratos unos con otros, nos ayuda a trabajar otras cuestiones como la empatía, porque nos permite acoger al otro, con nuestros parecidos y nuestras diferencias.


Otra variación que os invitamos a realizar es la de dibujar medios retratos de personas y animales. Al combinarlos podremos observarnos en relación con rostros no humanos y ayudar así a potenciar el cuidado de los otros seres vivos que conviven con nosotros.



95 visualizaciones0 comentarios
bottom of page