• escola imaxinada

Recursos: Educar a través da arte

Actualizado: 9 dic 2021



Salvador Cidrás, Rocío Modia, Vicente Blanco e o director da colección Antón Costa

O Domingo día 1 de Decembro ás 12:30h presentamos o libro Educar a través da arte. Cara a unha escola imaxinada no Culturgal en Pontevedra. Xunto coa xente de Kalandraka, estivemos co catedrático de Historia da Educación Antón Costa, director da colección Biblioteca de Pedagoxía que presentou a colección .


Este libro, centrado na formación docente a través das artes, pretende achegar a creación artística ás escolas. A súa orixe foi, sen dúbida, a necesidade de compartir unha realidade que nos afectaba como artistas e profesores nunha facultade de formación: a presenza nas aulas de infantil e primaria de metodoloxías alleas á infancia que inhiben a súa creatividade. Metodoloxías reprodutivas que ocultan o esencial: a importancia de deixar tempo e espazo para que infancia cre por ela mesma e, nese proceso, poida pensarse e pensar o mundo.


Para iso decidimos partir daqueles conceptos que, por tan obvios e evidentes, case nunca nos paramos a reflexionar: creatividade, imaxinación, proceso, sentido estético... Conceptos que teñen moitas arestas porque interpelan ás nosas crenzas, estilos docentes e modos de vida e esixen, moitas veces, dun enorme esforzo de deconstrucción de nós mesmos.


Como a nosa formación procede do facer, tiñamos claro, ademais, que todas estas cuestións debían de ser abordadas de forma práctica, a través de pequenas accións que convidasen á reflexión, recollendo así as ideas de John Dewey da aprendizaxe a través da experiencia. Para o libro, fixemos unha escolma dalgunhas das propostas que levamos a cabo co noso alumnado en formación e comparten un obxectivo común: producir condicións educativas – e por extensión de vida– emancipadoras que axuden a unha transformación social e democrática da escola. E ese proceso é inseparable de levar á infancia aquilo que os currículos agochan ou eliminan: os procesos creativos propios das artes.



 

Recursos: Educar a través da arte


El Domingo día 1 de Diciembre a las 12:30h presentamos el libro Educar a través del arte. Hacia una escuela imaginada en el Culturgal en Pontevedra. Estuvimos con el catedrático de Historia de la Educación Antón Costa, director de la colección Biblioteca de Pedagoxía de la editora Kalandraka que presentó la colección.


El origen de este libro fue sin duda la necesidad de compartir una realidad que nos afectaba como artistas y profesores en una facultad de formación: la presencia en las aulas de infantil y primaria de metodologías ajenas a la infancia que inhíben su creatividad. Metodologías reproductivas que se han naturalizado y ocultan lo esencial: la importancia de dejar tiempo y espacio para que infancia cree por ella misma y, en ese proceso pueda pensarse y pensar el mundo.


Para ello decidimos pararnos en aquellos conceptos que, por tan obvios y evidentes nunca nos paramos a reflexionar: creatividad, imaginación, proceso, sentido estético... Conceptos que tienen muchas aristas porque interpelan a nuestras creencias, estilos docentes y modos de vida y exigen, muchas veces, un enorme esfuerzo de deconstrucción de nosotros mismos.


Como nuestra formación procede de la creación, teníamos claro, además, que todas estas cuestiones debían de ser abordadas de forma práctica, a través de pequeñas acciones que invitaran a la reflexión, recogiendo así las ideas de John Dewey del aprendizaje a través de la experiencia. Para el libro, agrupamos algunas de las propuestas que realizamos con nuestro alumnado en formación y comparten un objetivo común: producir condiciones educativas – y por extensión de vida– emancipadoras que ayuden a una transformación social y democrática de la escuela. Y ese proceso es inseparable de llevar a la escuela, aquello que los currículos ocultan o eliminan: los procesos creativos propios de las artes.



Un pracer contar coa presenza de Ángeles e Isabel Abelleira, do blog Innovarte Educación Infantil.

Asinado libros no stand de Kalandraka. Grazas a todas as persoas que vos achegastes a apoiarnos, ás que fixestes o libro posible e ás que nos acompañastes todo o traxecto. Unha aperta.


Firmando libros en el stand de Kalandraka. Gracias a todas las personas que os acercasteis a apoyarnos, a las que hicisteis el libro posible y a las que nos acompañasteis todo el trayecto. Un abrazo.



301 visualizaciones0 comentarios