• escola imaxinada

Recursos: "Experiencia e educación" de John Dewey

Updated: Dec 30, 2020



Da man de Kalandraka editora, chega á colección Biblioteca de Pedagoxía a obra de John Dewey Experiencia e educación (1938), traducida por primeira vez ao galego. Inclúe ademais un magnífico epílogo de Jaume Martínez Bonafé que sintetiza, de forma precisa, a traxectoria dun autor que, a pesar de estar considerado como o máis preeminente teorizador da educación no século XX, segue a ser pouco coñecido no noso país.


Lectura imprescindible para calquera persoa interesada na educación, este ensaio sintetiza as súas ideas pedagóxicas, vixentes para interpretar os problemas da escola e a sociedade actual. Dous conceptos fundamentais do seu pensamento son "experiencia" e "democracia". Dewey proxecta no comunitario o sentido da educación; entende a escola como un laboratorio de ensaio e preparación dun programa educativo que permita ás persoas desenvolverse nunha comunidade democrática co fin de construír unha sociedade xusta e inclusiva.


John Dewey, ao igual que autores como Celestine Freinet ou Paulo Freire –tamén presentes na colección–, é moi crítico cos sistemas educativos tradicionais en canto reproducen a organización social dominante, pero tamén cos alternativos de pouco rigor e fundamento. Este libro precisamente reformula as ideas presentadas nunha obra anterior Democracia e educación (1916), e compara ambos sistemas, tradicionais e progresistas, a partir dunha teoría da "experiencia". Se unha educación auténtica deriva da experiencia, que experiencias son verdadeiramente educativas?


Para respostar esa pregunta formula un concepto fundamental "o principio de continuidade da experiencia"; un principio de moita utilidade para reflexionar sobre as propostas que, como docentes, levamos a cabo coa infancia, e axudar así a mellorar a nosa práctica educativa. Sorprenderá descubrir que a maioría de metodoloxías que están normalizadas na escola non encaixan neste principio. Tamén permíte repensar outras prácticas máis significativas e xustificalas ante as familias ou a comunidade educativa.


Destacar que, unha vez lido o libro, o que Dewey define como unha escola tradicional (corpos de información e destrezas que foron elaborados no pasado a partires do patrimonio cultural tradicional) dista moito dos curriculos neoliberais actuais, xénericos e desligados do contexto e da vida cotiá da infancia. No momento actual, de enorme crise social e ecolóxica, é necesario reformular o papel da escola na sociedade para restituir unha educación implicada na comunidade. Nese senso, a lectura desta obra –e por extensión desta colección imprescindible para a renovacíon pedagóxica– é de enorme axuda para acadala.


Colección Biblioteca de Pedagoxía

EXPERIENCIA E EDUCACIÓN, DE JOHN DEWEY


De la mano de Kalandraka editora, llega a la colección Biblioteca de Pedagogía la obra de John Dewey Experiencia y educación (1938), traducida por primera vez al gallego. Incluye además, un magnífico epílogo de Jaume Martínez Bonafé que sintetiza, de forma precisa, la trayectoria de un autor que, a pesar de estar considerado cómo el más preeminente teórico de la educación en el siglo XX, sigue siendo poco conocido en nuestro país.


Lectura imprescindible para cualquier persona interesada en educación, este ensayo sintetiza sus ideas pedagógicas, vigentes para interpretar los problemas de la escuela y la sociedad actual. Dos conceptos fundamentales de su pensamiento son "experiencia" y "democracia". Dewey proyecta en lo comunitario el sentido de la educación; entiende la escuela como un laboratorio de ensayo y preparación de un programa educativo que permita a las personas desarrollarse en una comunidad democrática con el fin de construir una sociedad justa e inclusiva.


John Dewey, al igual que autores como Celestine Freinet o Paulo Freire –también presentes en la colección–, es muy crítico con los sistemas educativos tradicionales en cuanto reproducen la organización social dominante, pero también con los alternativos de poco rigor y fundamento. Este libro precisamente replantea las ideas presentadas en una obra anterior Democracia y educación (1916), y compara ambos sistemas, tradicionales y progresistas, a partir de una teoría de la "experiencia". ¿Si una educación auténtica deriva de la experiencia, qué experiencias son verdaderamente educativas?


Para responder esa pregunta formula un concepto fundamental "el principio de continuidad de la experiencia"; un principio de enorme utilidad para reflexionar sobre las propuestas que, como docentes, llevamos a cabo con la infancia, y ayudar así a mejorar nuestra práctica educativa. Sorprenderá descubrir que la mayoría de metodologías que están normalizadas en la escuela no encajan en este principio. También nos permite repensar otras prácticas más significativas y justificarlas ante las familias o la comunidad educativa.


Destacar que, una vez leído el libro, lo que Dewey define como una escuela tradicional (cuerpos de información y destrezas que fueron elaborados en el pasado a partir del patrimonio cultural tradicional) dista mucho de los currículos neoliberales actuales, genéricos y desligados del contexto y de la vida cotidiana de la infancia. En el momento actual, de enorme crisis social y ecológica, es necesario replantear el papel de la escuela en la sociedad para restituir una educación implicada en la comunidad. En ese sentido, la lectura de esta obra –y por extensión de esta colección imprescindible para la renovación pedagógica– es de enorme ayuda para alcanzarla.





135 views0 comments

©2021 escola imaxinada