IMG_5139.HEIC

A AULA DO CAOS

A AULA DO CAOS

Joseph Beuys, baseándose na súa experiencia como artista, propón un modelo de proceso creativo que destaca as fases do proceso de creación en si mesmo. Estas fases son tres: caos, movemento e forma. A fase do caos ten que ver coa capacidade de enfrontarse a situacións de incerteza ou risco, onde nin o concepto nin a forma son claros. Esta fase é imprescindible para que xurdan novas estruturas, experiencias e perspectivas. Sen o caos non é posible explorar máis aló do coñecido e o familiar. O movemento é a fase do proceso creativo que vai do caos á forma e esixe certas capacidades que se van  interiorizando a través do facer.

Estes talleres caracterízanse por:

- Unir o facer co pensar. Como sinala  Crawford (2010), o século  XX caracterizouse por separar o facer do pensar. De aí derívase a degradación do traballo manual,  proletarizado sen cesar, pero tamén dos traballos “intelectuais” cada vez máis reducidos a coñecementos estandarizados, desconectados de toda aprehensión polos seus efectos reais. Lonxe da imaxe anticuada dos traballos manuais, é unha autentica revolución do ensino á que estamos chamados. 

- Partir dunha pedagoxía do lugar: defende un enfoque educativo construído a partir do espazo-contexto da persoa e a súa formación baseada nos principios e valores da sustentabilidade. Adherir o proxecto ao territorio obríganos a pensar que imaxinarios, que relatos, que estéticas, que símbolos, desexamos representar, narrar ou enunciar. Falar de imaxinarios é falar de modos de conectarnos co noso espazo e o noso tempo. Iso, no medio rural, lévanos a falar de imaxinarios de proximidade, —que non localistas—, á vez que contemporáneos, irrenunciablemente atravesados polas circunstancias e debates do noso tempo —feminismos, coidados, ecoloxía, sustentabilidade, comunais,  tecnociencia ou  interculturalidade, etc.—. Implica falar de imaxinarios comúns ou colectivos que sexan diversos, inclusivos, transculturais, liberadores. Imaxinarios vivos, en definitiva: situados, pero tamén  permeables e dinámicos.

MANIFESTO

IMG_4101.jpg

Como artistas e profesores nunha facultade de formación de profesorado, entendemos os procesos artísticos como ferramenta para abordar os novos retos aos que nos enfrontamos e dos que somos testemuñas na nosa contorna, cunha alarmante perda de  biodiverisade e patrimonio cultural. Os materiais, estruturas e metodoloxías que se propoñen nestes talleres queren convidar á construción colectiva, a reflexión crítica e o papel activo da infancia. En contextos rurais cobran importancia as relacións interxeracionais que recuperan historias, memorias e identidades indispensables para crear formas de vivir respectuosas coa diversidade.

TALLERES

IMG_2400.jpg

Animais autóctonos

IMG_4636 2 copia.jpg

Proxectos