top of page

Os pétalos que tinguen / Los pétalos que tiñen

  • Foto del escritor: escola imaxinada
    escola imaxinada
  • 18 mar
  • 2 Min. de lectura

Unha tinguidura natural é un colorante obtido de materiais orgánicos presentes na natureza, como plantas ou minerais. Despois de experimentar con eles na entrada anterior, deseñamos unha proposta para un grupo de nenas e nenas de infantil.


En primeiro lugar, recollemos follas e flores da nosa contorna e levámolos á aula. A continuación introducimos o concepto de composición. Explicar á infancia que é unha composición é importante para que traten o material con coidado e non o utilicen sen pensar, amontoando o material.


Nós adoitamos dicir que compoñer é organizar as formas para que unhas acollan a outras, creando unha nova forma coa suma de todas. Unha composición implica sempre un goce estético das calidades dos materiais e pode guiarse de moitas maneiras: elaborando outras flores, seres fantásticos ou narrativas, organizando os diferentes elementos desde o xogo, experimentando co ritmo visual: repeticións, secuencias, variacións etc.


As composicións realízanse sobre unha saba branca. Observamos como os diferentes materiais deixan marcas de cor na tea, introducindo novos conceptos como estampaxe e tinguiduras, e xorden preguntas ao redor dos procesos de coloreado das pezas de roupa.


Para levar a cabo unha experiencia máis sensorial, unha vez finalizadas as composicións, cubrimos os materiais coa saba branca. É a presión que exercen as crianzas (coas súas mans ou pezas de madeira) ao fregar sobre a tea, a que fai brotar a mancha.

Unha vez descubertas as nosas teas tinguidas, cortámolas en anacos ou furámolas para crear as nosas propias pezas de roupa, xerando situacións que dean paso ao de xogo simbólico e colaborativo.


 

Los pétalos que tiñen


Un tinte natural es un colorante obtenido de materiales orgánicos presentes en la naturaleza, como plantas o minerales. Después de experimentar con ellos en la entrada anterior, diseñamos una propuesta para un grupo de niñas y niñas de infantil.


En primer lugar recogimos hojas y flores de nuestro entorno y los llevamos al aula.

A continuación introducimos el concepto de composición. Explicar a la infancia que es una composición es importante para que traten el material con cuidado y no lo utilicen sin pensar, amontonando el material.


Nosotros solemos decir que componer es organizar las formas para que unas acojan a otras, creando una nueva forma con la suma de todas. Una composición implica siempre un disfrute estético de las cualidades de los materiales y puede guiarse de muchas maneras: creando otras flores, seres fantásticos o narrativas, organizando los diferentes elementos desde el juego, experimentando con el ritmo visual: repeticiones, secuencias, variaciones, etc.


Las composiciones se realizan sobre una sábana blanca. Observamos como los diferentes materiales dejan marcas de color en la tela, introduciendo nuevos conceptos como estampación y tintes, y surgen preguntas en torno a los procesos de coloreado de las prendas de ropa.


Para llevar a cabo una experiencia más sensorial, una vez finalizadas las composiciones, cubrimos los materiales con la sábana blanca. Es la presión que ejercen las crianzas (con sus manos o piezas de madera) al frotar sobre la tela, la que hace brotar la mancha.

Una vez descubiertas nuestras telas teñidas, las cortamos en trozos o agujereamos para crear nuestras propias prendas de ropa, generando situaciones que den paso al de juego simbólico y colaborativo.



Entradas recientes

Ver todo

Comments


©2025 escola imaxinada

bottom of page