top of page

Recursos: Escolas en e coa natureza.

  • Foto del escritor: escola imaxinada
    escola imaxinada
  • hace 15 horas
  • 4 Min. de lectura

Actualizado: hace 1 hora

Escolas en e coa natureza. A revolución pedagóxica do século XXI

Colección Biblioteca de Pedagoxía, Idiomas Galego e Castelan





Publicado na colección Biblioteca de Pedagoxía de Kalandraka, o libro de Corine Martel e Sylvain Wagnon sitúase nun momento de forte expansión do interese pola educación na natureza, especialmente tras a pandemia, e afirma o seu carácter como movemento pedagóxico de fondo, afastado de modas pasaxeiras. O seu principal valor reside en ofrecer unha síntese moi accesible —histórica, teórica e práctica— sobre o que denominan “escola en e coa natureza”.


Ao longo dos seus capítulos, os autores reconstrúen unha xenealoxía que conecta as actuais Forest Schools (escolas bosque) coa tradición da nova educación (Decroly, Freinet, Montessori), insistindo en que a aprendizaxe fóra da aula implica unha redefinición da escola e da relación entre o ser humano e a súa contorna.


Un dos seus aportes máis relevantes é mostrar que esta pedagoxía non pode reducirse a “saír ao exterior”; esixe unha transformación máis ampla: do rol docente, dos tempos escolares, dos espazos e das finalidades educativas. Unha idea que sintetizan coa súa proposta da “revolución de terciopelo”: un cambio profundo, mais progresivo e integrable na escola pública.


O texto combina reflexión e orientación práctica, especialmente nos capítulos finais, onde se abordan as condicións para implementar proxectos educativos vinculados á natureza, tanto en contextos rurais como urbanos. Neste punto, resulta interesante a súa insistencia en que a natureza tamén pode ser construída dentro da escola, a través de patios, hortas ou espazos vexetalizados.


O epílogo de Eugenio Otero Urtaza resulta especialmente suxestivo ao situar a educación na natureza como un desafío ás formas de avaliación e aos valores que sosteñen a escola contemporánea. Ao desprazar o foco cara a aqueles aprendizaxes que non poden medirse nin cualificarse, abre unha reflexión necesaria sobre que entendemos por aprender e que tipo de experiencia merece ser sostida na educación.


Trátase, en definitiva, dun libro moi útil para docentes e investigadores interesados en repensar a escola desde a súa relación coa contorna. Máis que ofrecer un modelo pechado, abre un campo de preguntas: como educar hoxe nun mundo en crise ecolóxica e que lugar debe ocupar a experiencia co vivo nese proceso.


Este é o cuarto libro da colección Biblioteca de Pedagoxía en castelán de Kalandraka. Un proxecto do que nos sentimos especialmente orgullosos de formar parte e ao que esta nova obra contribúe de maneira significativa.



Colección Biblioteca de Pedagogía, Kalandraka editora
Colección Biblioteca de Pedagogía, Kalandraka editora


Escuelas en y con la naturaleza. La revolución pedagógica del siglo XXI


Colección Biblioteca de Pedagogía, Idiomas Galego e Castelan





Publicado en la colección Biblioeteca de Pedagogía de Kalandraka, el libro de Corine Martel y Sylvain Wagnon se sitúa en un momento de fuerte expansión del interés por la educación en la naturaleza, especialmente tras la pandemia, y afirma su carácter como movimiento pedagógico de fondo, alejado de modas pasajeras. Su principal valor reside en ofrecer una síntesis muy accesible —histórica, teórica y práctica— sobre lo que denominan “escuela en y con la naturaleza”.


A lo largo de sus capítulos, los autores reconstruyen una genealogía que conecta las actuales Forest Schools (escuelas bosques) con la tradición de la nueva educación (Decroly, Freinet, Montessori), insistiendo en que el aprendizaje fuera del aula implica una redefinición de la escuela y de la relación entre el ser humano y su entorno.


Uno de sus aportes más relevantes es mostrar que esta pedagogía no puede reducirse a “salir al exterior”; exige una transformación más amplia: del rol docente, de los tiempos escolares, de los espacios y de las finalidades educativas. Una idea que sintetizan con su propuesta de la “revolución de terciopelo”: un cambio profundo, pero progresivo e integrable en la escuela pública.


El texto combina reflexión y orientación práctica, especialmente en los capítulos finales, donde se abordan las condiciones para implementar proyectos educativos vinculados a la naturaleza, tanto en contextos rurales como urbanos. En este punto, resulta interesante su insistencia en que la naturaleza también puede ser construida dentro de la escuela, a través de patios, huertos o espacios vegetalizados.


El epílogo de Eugenio Otero Urtaza resulta especialmente sugerente al situar la educación en la naturaleza como un desafío a las formas de evaluación y a los valores que sostienen la escuela contemporánea. Al desplazar el foco hacia aquellos aprendizajes que no pueden medirse ni calificarse, abre una reflexión necesaria sobre qué entendemos por aprender y qué tipo de experiencia merece ser sostenida en la educación.


Se trata, en definitiva, de un libro muy útil para docentes e investigadores interesados en repensar la escuela desde su relación con el entorno. Más que ofrecer un modelo cerrado, abre un campo de preguntas: cómo educar hoy en un mundo en crisis ecológica y qué lugar debe ocupar la experiencia con lo vivo en ese proceso.


Este es el cuarto libro de la colección Biblioteca de Pedagogía de Kalandraka. Un proyecto del que nos sentimos especialmente orgullosos de formar parte y al que esta nueva obra contribuye de manera significativa.


Colección Biblioteca de Pedagogía, Kalandraka editora
Colección Biblioteca de Pedagogía, Kalandraka editora

Comentarios


©2026 escola imaxinada

bottom of page