• escola imaxinada

Recursos: O latexo dunha aula infantil. Eloxio do cotián

Updated: Jan 7



Afirma un dito popular que "o sentido común é o menos común dos sentidos". Así que é un pracer escoitar, entre toda a mercadotecnia comercial dirixida a educadores, as voces sempre lúcidas e claras de Ángeles e Isabel Abelleira que nos falan, precisamente, desde o sentido común para recuperar aquelas cuestións que deberían estar presentes na escola e, sorprendentemente, están ausentes nos desenvolvementos curriculares. Cuestións tan importantes como a construción da identidade dos nenos e das nenas, as vivencias familiares, o coñecemento da súa contorna, as achegas á comunidade, os coidados, os afectos, o paso do tempo...


O latexo dunha aula infantil. Eloxio do cotián (editorial Galaxia) é un libro teórico-práctico ilustrado con máis de 150 experiencias agrupadas en dez eixes temáticos ou latexos que se expoñen a modo de preguntas feitas polos propios nenos e nenas: Quen son? Que fago? Que coido? Que me pasa? Que como? A quen quero? Que pasa ao meu ao redor? Que me (con)move? Que achego? De onde veño, a onde vou? Dez latexos, máis que nunca imprescindibles, para manter viva unha escola humanista e respectuosa coa infancia.


Nada mellor que escoitar as palabras das autoras:"Este libro pretende ser unha defensa a favor de recuperar a vida cotiá nas aulas de infantil, un esforzo para que os pequenos tomen contacto coa vida real (...) Cremos que desde que entran na escola hai que facilitarlles as claves que lle permitirán comprender o mundo no que viven, no que vivirán no futuro, e tamén axudarlles a construír a súa historia cara atrás sabendo quen son e por que son como son. Partir do próximo, do que nos toca o corazón, é sempre o punto de inicio de experiencias de vida inesquecibles que se expandirán tanto como queiramos, ata onde gustemos ou cara a onde nunca esperariamos chegar."



Gustaríanos incidir ademais noutras cuestións que consideramos moi valiosas:


A maiores das experiencias agrupadas nos latexos, o libro comeza con nove capítulos, cada un deles é unha chamada de atención a prácticas, metodoloxías ou estilos docentes asentados nas escolas que deben ser revisados e cuestionados. Cada capítulo supón un auténtico proceso de deconstrucción indispensable para poder iniciar unha escola máis próxima á vida.


Con independencia de que sexa un libro sobre a etapa infantil, é unha lectura imprescindible para docentes de calquera etapa educativa. Achega unha visión global do que debería ser a educación, ao mesmo tempo que axuda a identificar problemáticas e a establecer obxectivos comúns


Destacar, amais, as fermosas introducións de Mari Carmen Díez Navarro e Beatriz Trueba Marcano (a súa comparativa entre a deforestación dos bosques e a deforestación da infancia é terriblemente real e certeira).


A pesares da crise, ambiental e social, que vivimos, os intereses económicos seguen a bombardear as escolas con fórmulas e promesas alleas ás experiencias da infancia, que traen consigo a desafección, o individualismo e a competitividade. Neste contexto, reivindicar o cotián é, en si, unha revolución á que deberiamos sumarnos todas as persoas.

Dicía Bruno Munari que é moi doado saber como será a sociedade do futuro, só hai que ver os nenos e nenas do presente, que serán as persoas adultas do mañá. Necesitamos urxentemente nenos e nenas que gocen a súa infancia –conectados á vida real, a si, ás súas experiencias– e necesitamos mestras rebeldes. A revolución virá dunha aula de infantil ou non virá. Xogámonos moito, e este libro é un regalo para o noso futuro. Do mesmo xeito que o son o libro anterior das autoras –Os fíos de infantil (ed. Galaxia) en galego ou Los hilos de infantil (ed. Octaedro) en castelán– e a súa bitácora https://innovarteinfantil.wordpress.com/.


----


Afirma un dicho popular que "el sentido común es el menos común de los sentidos". Así que es un placer escuchar, entre toda la mercadotecnia comercial dirigida a educadores, las voces siempre lúcidas y claras de Ángeles e Isabel Abelleira que nos hablan, precisamente, desde el sentido común para recuperar aquellas cuestiones que deberían estar presentes en la escuela y, sorprendentemente, están ausentes en los desarrollos curriculares. Cuestiones tan importantes como la construcción de la identidad de los niños y de las niñas, las vivencias familiares, el conocimiento de su entorno, las aportaciones a la comunidad, los cuidados, los afectos, el paso del tiempo...


O latexo dunha aula infantil. Eloxio do cotián / El latido de un aula infantil. Elogio de lo cotidiano (editorial Galaxia) es un libro teórico-práctico ilustrado con más de 150 experiencias agrupadas en diez ejes temáticos o latidos que se plantean a modo de preguntas hechas por los propios niños y niñas: ¿Quién soy? ¿Qué hago? ¿Qué cuido? ¿Qué me pasa? ¿Qué como? ¿A quién quiero? ¿Qué pasa a mi alrededor? ¿Qué me (con)mueve? ¿Qué aporto? ¿De dónde vengo, a dónde voy? Diez latidos, más que nunca imprescindibles, para mantener viva una escuela humanista y respetuosa con la infancia.


Nada mejor que escuchar las palabras de las autoras: "Este libro pretende ser una defensa a favor de recuperar la vida cotidiana en las aulas de infantil, un esfuerzo para que los pequeños tomen contacto con la vida real (...) Creemos que desde que entran en la escuela hay que facilitarles las claves que le permitirán comprender el mundo en el que viven, en el que vivirán en el futuro, y también ayudarles a construir su historia hacia atrás sabiendo quién son y por qué son como son. Partir de lo próximo, de lo que nos toca el corazón, es siempre el punto de inicio de experiencias de vida inolvidables que se expandirán tanto como queramos, hasta donde gustemos o hacia donde nunca esperaríamos llegar."


Con independencia de que sea un libro sobre la etapa infantil, es una lectura imprescindible para docentes de cualquier etapa educativa. Acerca una visión global de lo que debería ser la educación, al mismo tiempo que ayuda a identificar problemáticas y a establecer objetivos comunes.


A mayores de las experiencias agrupadas en los latidos, el libro comienza con nueve capítulos, cada uno de ellos es una llamada de atención a prácticas, metodologías o estilos docentes asentados en las escuelas que deben ser revisados y cuestionados. Cada capítulo supone un auténtico proceso de deconstrucción indispensable para poder iniciar una escuela más próxima a la vida.


Destacar, también, las hermosas introducciones de Mari Carmen Díez Navarro y Beatriz Trueba Marcano (su comparativa entre la deforestación de los bosques y la deforestación de la infancia es terriblemente real y certera).


A pesar de la crisis, ambiental y social, que vivimos, los intereses económicos siguen bombardeando las escuelas con fórmulas y promesas ajenas a las experiencias de la infancia, promoviendo la desafección, el individualismo y la competitividad. En este contexto, reivindicar lo cotidiano es, en sí mismo, una revolución a la que deberíamos sumarnos todas las personas.

Decía Bruno Munari que es muy fácil saber cómo será la sociedad del futuro, solo hay que ver a los niños y niñas del presente, que serán las personas adultas del mañana. Necesitamos urgentemente niños y niñas que disfruten su infancia –conectados a la vida real, a sí mismos, a sus experiencias– y necesitamos maestras rebeldes. La revolución vendrá de un aula de infantil o no vendrá. Nos jugamos mucho y este libro es un regalo para nuestro futuro. Del mismo modo que lo son el libro anterior de las autoras –Os fíos de infantil (ed. Galaxia) en gallego o Los hilos de infantil (ed. Octaedro) en castellano– y su blog https://innovarteinfantil.wordpress.com/.




186 views
 

©2020 escola imaxinada