top of page
  • Foto del escritorescola imaxinada

Referentes: Kaneko Misuzu

Actualizado: 22 dic 2019

En Escola Imaxinada queremos dar a coñecer a poesía de Kaneko Misuzu, unha das grandes poetisas da literatura xaponesa, lida nas escolas do seu país. A súa obra é a celebración da vida do grande e do pequeno. Os seus poemas tratan sobre aspectos sutís da natureza, os obxectos cotiáns, persoas, animais, flores, a luz ou o baleiro. Misuzu fálanos da necesidade de empatía e comprensión entre os seres e aluma ese camiño, ás veces luminoso, ás veces escuro, que todos compartimos e que chamamos vida.

En escola imaxinada queremos dar a conocer la poesía de Kaneko Misuzu, una de las grandes poetisas de la literatura japonesa cuya obra se lee en los colegios de su país. Su obra es la celebración de la vida de lo grande y lo pequeño. Sus poemas tratan sobre aspectos sutiles de la naturaleza, los objetos cotidianos, personas, animales, flores, la luz o el vacío. Misuzu nos habla de la necesidad de empatía y comprensión entre los seres y alumbra ese camino, a veces luminoso, a veces oscuro, que todos compartimos y que llamamos vida.



Kaneko Misuzu (1903-1930), orfa de pai aos tres anos, criouse ao coidado da súa nai, que traballaba nunha librería. Familiarizada desde nena coa lectura, completou os seus estudos ata os 18 anos, algo infrecuente na época para unha muller. Aos 20, publicou os seus primeiros poemas para nenos e nenas en revistas literarias cultivando gran éxito. A súa carreira vese truncada por un matrimonio concertado cun home que a obriga a renunciar á escritura. Comezan os anos tristes de Misuzu, que finalmente decide divorciarse tras ser contaxiada dunha enfermidade venérea polo seu marido. Durante o proceso de divorcio, el reclama a custodia da filla de ambos, e Misuzu, debilitada pola enfermidade no físico e no emocional, decide poñer fin á súa vida con tan só 26 anos.

A obra de Kaneko Misuzu nace dunha natural simpatía cara a todos os seres animados e non animados que habitan o noso universo. Durante a súa breve e tráxica vida, Misuzu atopou na poesía a forma de expresar unha voz única e universal capaz de conmover a persoas de calquera época e lugar.

Kaneko Misuzu (1903-1930), huérfana de padre a los tres años, se crió al cuidado de su madre, que trabajaba en una librería. Familiarizada desde niña con la lectura, completó sus estudios hasta los 18 años, algo infrecuente en la época para una mujer. A los 20, publicó sus primeros poemas para niños y niñas en revistas literarias cosechando gran éxito. Su carrera se ve truncada por un matrimonio concertado con un hombre que la obliga a renunciar a la escritura. Comienzan los años tristes de Misuzu, que finalmente decide divorciarse tras haber sido contagiada de una enfermedad venérea por su marido. Durante el proceso de divorcio, él reclama la custodia de la hija de ambos, y Misuzu, debilitada por la enfermedad en lo físico y lo emocional, decide poner fin a su vida con tan solo 26 años. La obra de Kaneko Misuzu nace de una natural simpatía hacia todos los seres animados y no animados que habitan nuestro universo. Durante su breve y trágica vida, Misuzu encontró en la poesía la forma de expresar una voz única y universal capaz de conmover a personas de cualquier época y lugar.



Esquecida durante décadas, a súa obra perdeuse tras os bombardeos que arrasaron Tokio durante a Segunda Guerra Mundial. Grazas ao encomiable labor de investigación levado a cabo polo poeta xaponés Setsuo Yazaki, que logrou localizar ao ancián irmán da autora, cuxos cadernos escritos a man este aínda conservaba, a obra de Misuzu puido ser rescatada do esquecemento. A súa poesía conmoveu os corazóns de millóns de xaponeses cando, no ano 2011, o Consello de Publicidade de Xapón usou un dos seus poemas para confortar aos cidadáns tras o terremoto e posterior tsunami que devastaron o norte do país.

No 2019 a editorial Satori publicou por primeira vez en español e xaponés o poemario “El alma de las flores”.

Olvidada durante décadas, su obra se perdió tras los bombardeos que arrasaron Tokio durante la Segunda Guerra Mundial. Gracias a la encomiable labor de investigación llevada a cabo por el poeta japonés Setsuo Yazaki, que logró localizar al anciano hermano de la autora, cuyos cuadernos escritos a mano este aún conservaba, la obra de Misuzu pudo ser rescatada del olvido. Su poesía conmovió los corazones de millones de japoneses cuando, en el año 2011, el Consejo de Publicidad de Japón usó uno de sus poemas para confortar a los ciudadanos tras el terremoto y posterior tsunami que devastaron el norte del país.

En 2019 la editorial Satori publica por primera vez en español y japonés el poemario “El alma de las flores”.

291 visualizaciones0 comentarios
bottom of page