©2020 escola imaxinada

ESCOLA IMAXINADA

Educar a través da arte

 
 
  • escola imaxinada

Referentes: A muller que debuxaba insectos / La mujer que dibujaba insectos

Actualizado: feb 23





Maria Sybilla Merian (Frankfurt, 1647- Ámsterdam, 1717) é considerada a nai da entomoloxía, a ciencia que estuda os insectos. Ignorada durante moito tempo, as súas detalladas observacións e ilustracións de insectos deron a coñecer a metamorfose dos animais, case descoñecida ata ese momento.

Maria Sybilla Merian (Frankfurt, 1647- Ámsterdam, 1717) es considerada la madre de la entomología, la ciencia que estudia los insectos. Ignorada durante mucho tiempo, sus detalladas observaciones e ilustraciones de insectos dieron a conocer la metamorfosis de los animales, casi desconocida hasta ese momento.


A súa paixón polos insectos queda recollida neste parágrafo que ela escribiu: «Desde a miña mocidade dediqueime ao estudo dos insectos con constancia. Ao principio era os vermes de seda da miña cidade natal; despois vin bolboretas e couzas moito máis fermosas que saían doutro tipo de larvas. Cando me dei de conta de que estas se desenvolvían máis de présa, recollín todas as que puiden para estudar a súa metamorfose e desenvolver as miñas habilidades pictóricas debuxándoas en vivo e representado a súa cor. Así, retireime da sociedade humana e dediqueime exclusivamente a estas investigacións».

Su pasión por los insectos queda recogida en este párrafo que ella escribió: «Desde mi juventud me dediqué al estudio de los insectos con constancia. Al principio era los gusanos de seda de mi ciudad natal; después vi mariposas y polillas mucho más bonitas que salían de otro tipo de larvas. Cuando me di cuenta que estas se desarrollaban más de prisa, recogí todas las que pude para estudiar su metamorfosis y desarrollar mis habilidades pictóricas dibujándolas en vivo y representado su color. Así, me retiré de la sociedad humana y me dediqué exclusivamente a estas investigaciones».


En Escola Imaxinada destacamos o seu compromiso coa natureza e o seu enorme traballo como «ilustradora científica». O debuxo directo da natureza, a través da observación detallada, é unha proposta que promovemos nas aulas como un medio para comprender, valorar e, en consecuencia, coidar a nosa contorna.

En Escola Imaxinada destacamos su compromiso con la naturaleza y su enorme trabajo como «ilustradora científica». El dibujo directo de la naturaleza, a través de la observación detallada, es una propuesta que promovemos en las aulas como un medio para comprender, valorar y, en consecuencia, cuidar nuestro entorno.


Cando pensamos nas primeiras investigacións científicas, levadas a cabo nos séculos XIX e XX (Darwin, Humbolt…), adoitamos pensar en viaxes a países afastados con paisaxes, animais e plantas exóticas. No entanto, Maria Sybilla Merian é un referente imprescindible para espertar a importancia do abraio e a curiosidade por aquilo que nos é próximo.

Cuando pensamos en las primeras investigaciones científicas, llevadas a cabo en los siglos XIX y XX (Darwin, Humbolt…), solemos pensar en viajes a países lejanos con paisajes, animales y plantas exóticas. Sin embargo, Maria Sybilla Merian es un referente imprescindible para despertar la importancia del asombro y la curiosidad por aquello que nos es próximo.







60 vistas
 

Contacto