• escola imaxinada

Referentes: Ricardo Dalisi

Actualizado: 6 nov


Riccardo Dalisi (1931) é un profesor, deseñador, arquitecto e artista italiano, que fomenta unha metodoloxía de deseño baseada no diálogo coas crianzas a través da práctica e a participación. En 1971, como profesor na Facultade de Arquitectura, decide levar as súas accións ás rúas dos barrios desfavorecidos de Nápoles para deseñar un xardín de infancia, conxuntamente cos seus estudantes e cos futuros usuarios do espazo, os nenos e nenas.

Esta experiencia foi precursora de Global Tools (1973-1975), unha escola deseñada para estimular o libre desenvolvemento da creatividade individual, onde Dalisi participou xunto con outros membros do movemento de Arquitectura Radical[1]. Para Dalisi a imaxinación creativa (que todos temos pero que está durmida como resultado dun estendido exercicio de represión) é un inmenso depósito de riqueza social.

No centro da súa metodoloxía está a Técnica Povera, un método de deseño inclusivo e directo con materiais humildes e pobres (xeralmente cordas, madeiras, latas e demais materiais reutilizables) que xurdiu da investigación realizada nos primeiros anos da súa carreira como mestre. Posteriormente derivou no que chamou Xeometría Xenerativa: a construción dun espazo cheo de puntos de fuga e sen limites. Dalisi explora as dinámicas que foxen das convencións e impresións preconcibidas e que se conectan co propio facer dos nenos e nenas. O «deseño» de nós mesmos, como persoas adultas, debe ter sempre tempo para dialogar coa infancia.

Durante a década dos 80 ata finais de século XX desenvolveu a Técnica Ultrapoverissima, precursora dun modelo de laboratorio na rúa no que nenos e nenas traballaban en colaboración con homes e mulleres artesás para levar a cabo os seus propios deseños. O método que deseñou, de cosido a man de latón con arame, era unha técnica fácil e accesible que non requiría destrezas especiais ou acabados perfectos senón que, pola contra, demandaba imprecisión e irregularidade.

Os deseños baseados nos debuxos da infancia son o corazón do seu Museo dei Bambini, proxectado desde hai tempo e aínda sen realizar. A forza poética e visionaria destes obxectos e personaxes móstranos unha metodoloxía de deseño que nace da imprevisibilidad, que acolle a diversidade porque se alimenta de refugallos, accidentes, desorde e caos. Como nos di Dalisi: «Colle un pincel, nunca o limpes, mesmo aínda que as cores estean mesturados; o xesto é decisivo. É verdadeiramente unha rebelión contra a realidade».



[1] Arquitectura Radical é un movemento que xorde en Europa, principalmente en Italia nos anos 1960 e 1970, que cuestiona a linguaxe formal da arquitectura e restablece o seu papel como un instrumento de crítica política, social e cultural.


 

RICARDO DALISI

Riccardo Dalisi (1931) es un profesor, diseñador, arquitecto y artista italiano, que fomenta una metodología de diseño basada en el diálogo con la infancia a través de la práctica y la participación. En 1971, como profesor en la Facultad de Arquitectura, decide llevar sus acciones a las calles de los barrios desfapoles para diseñar un jardín de infancia, conjuntamente con sus estudiantes y con los futuros usuarios del espacio, los niños y niñas.

La experiencia en Traiano fue precursora de Global Tools (1973-1975), una escuela diseñada para estimular el libre desarrollo de la creatividad individual, donde Dalisi participó junto con otros miembros del movimiento de Arquitectura Radical[1]. Para Dalisi la imaginación creativa (que todos tenemos pero que está dormida como resultado de un extendido ejercicio de represión) es un inmenso depósito de riqueza social.

En el centro de su metodología está la Técnica Povera, un método de diseño inclusivo y directo con materiales humildes y pobres (generalmente cuerdas, maderas, latas y demás materiales reutilizables) que surgió de la investigación realizada en los primeros años de su carrera como maestro. Posteriormente derivó en lo que llamó Geometría Generativa: la construcción de un espacio lleno de puntos de fuga y sin limites. Dalisi explora las dinámicas que huyen de convenciones e impresiones preconcebidas y que se conectan con el propio hacer de los niños y niñas. El «diseño» de nosotros mismos, como personas adultas, debe tener siempre tiempo para dialogar con la infancia.

Durante la década de los 80 hasta finales de siglo XX desarrollo la Técnica Ultrapoverissima, precursora de un modelo de laboratorio en la calle en el que niños y niñas trabajaban en colaboración con hombres y mujeres artesanas para llevar a cabo sus propios diseños. El método que diseñó, de cosido a mano de hojalata con alambre, era una técnica fácil y accesible que no requería destrezas especiales o acabados perfectos sino que, por el contrario, demandaba imprecisión e irregularidad.

Los diseños basados en los dibujos de la infancia son el corazón de su Museo dei Bambini, proyectado desde hace tiempo y todavía sin realizar. La fuerza poética y visionaria de estos objetos y personajes nos muestra, una metodología de diseño que nace de la imprevisibilidad, que acoge la diversidad porque se alimenta de desechos, accidentes, desorden y caos,

Como nos dice Dalisi: «Coge un pincel, nunca lo limpies, incluso aunque los colores estén mezclados; el gesto es decisivo. Es verdaderamente una rebelión contra la realidad».

[1] Arquitectura Radical es un movimiento que surge en Europa, principalmente en Italia en los años 1960 y 1970, que cuestiona el lenguaje formal de la arquitectura y restablece su papel como un instrumento de crítica política, social y cultural.

73 visualizaciones1 comentario