• escola imaxinada

A cidade futurista / La ciudad futurista

Updated: Feb 25



Nesta proposta continuamos explorando as posibilidades do papel para xerar volumes. Partimos da idea de módulo, que traballamos anteriormente noutros talleres. Por módulo referímonos a unha estrutura ou volume que, na súa repetición, conforma unha construción de calquera tipo. Nesta ocasión realizamos os módulos empregando papel e pegamento (ou cinta de pintor). O obxectivo do taller é conformar unha cidade entre todas as persoas, a partir do deseño e produción dunha serie de formas de papel.


A formulación da nosa cidade non é réplicar unha coñecida, senón imaxinar como sería unha cidade no futuro. Deste xeito tratamos de fomentar a capacidade de imaxinar desde a utopía como unha forma de adquirir conciencia das problemáticas actuais para proxectar cambios positivos. Trátase, en definitiva, de crer na educación como unha posibilidade transformadora, necesaria para acadar unha cidadanía crítica e participativa coas problemáticas da vida en comunidade. Como sinalou unha participante, poderían crear a súa propia ecocidade na que se tivese en conta, entre outras cuestións, a eficiencia enerxética, as fontes de enerxía naturais e renovables, a contaminación...


Traballamos de xeito colaborativo. En primeiro lugar acordamos os tamaños e as formas coas que construiríamos a nosa cidade, e a continuación, como nunha cadea de montaxe, cada grupo empeza a facer os seus módulos. Utilizando os diferentes módulos e experimentando co volume, o oco e o plano, levantamos os edificios da nosa cidade. Finalmente, unímolos todos e distribuímolos no espazo, creando a nosa cidade futurista. A través da experimentación e a creación, a infancia reflexiona sobre o espazo que lles rodea. As súas creacións proxectarán edificios ou estruturas onde se poñen de manifesto as súas necesidades e dean resposta a estas.


Este obradoiro pódese continuar con debuxos de observación da nosa cidade futurista e traballando de xeito interdisciplinar con outras materias: facer unha historia ou un poema da cidade creada, traballar o concepto de escala, construír os medios de transporte desa cidade e reflexionar sobre o seu impacto ambiental, etc.


Proceso de construción dos módulos

LA CIUDAD FUTURISTA


En esta propuesta continuamos explorando las posibilidades del papel para generar volúmenes. Partimos de la idea de módulo, que trabajamos anteriormente en otros talleres. Por módulo, nos referimos a una estructura o volumen que, en su repetición, conforma una construcción de cualquier tipo. En esta ocasión realizamos los módulos empleando papel y pegamento (o cinta de pintor). El objetivo del taller es conformar una ciudad entre todas, a partir del diseño y producción de una serie de formas de papel.


Planteamos que nuestra ciudad no sea una réplica de una conocida, sino imaginar como sería una ciudad en el futuro. De este modo tratamos de fomentar la capacidad de imaginar desde la utopía como una forma de adquirir conciencia de las problemáticas actuales para proyectar cambios positivos. Se trata en definitiva en creer en la educación como una posibilidad transformadora, necesaria para alcanzar una ciudadanía crítica y participativa con las problemáticas de la vida en comunidad. Como señaló una participante, podrían crear su propia ecociudad en la que se tuviera en cuenta, entre otras cuestiones, la eficiencia energética, las fuentes de energía naturales y renovables, la contaminación...


Trabajamos de manera colaborativa. En primer lugar acordamos los tamaños y las formas con las que construiríamos nuestra ciudad, y a continuación, como en una cadena de montaje, cada grupo empieza a hacer sus módulos.


Utilizando los diferentes módulos y experimentando con el volumen, el hueco y el plano, levantamos los edificios de la ciudad. Finalmente, los unimos todos y los distribuimos en el espacio, creando nuestra ciudad futurista. A través de la experimentación y la creación, la infancia reflexiona sobre el espacio que les rodea. Sus creaciones proyectan edificios o estructuras donde se ponen de manifiesto sus necesidades y cómo intentan dan respuesta a las mismas.


Este taller se puede continuar con dibujos de observación de nuestra ciudad futurista y trabajando de manera interdisciplinar con otras áreas: hacer una historia o un poema de la ciudad creada, trabajar el concepto de escala, construir los medios de transporte de esa ciudad y reflexionar sobre el impacto ambiental, etc.

113 views2 comments

©2021 escola imaxinada