top of page
  • Foto del escritorescola imaxinada

Unha portada para Dewey /Una portada para Dewey

Actualizado: 28 abr 2021



Cando soubemos que se ía publicar Experiencia e educación de John Dewey por primeira vez en galego (Biblioteca de Pedagoxía, Kalandraka editora), puxémonos moi contentos e quixémos compartilo cun grupo de nenos e nenas de terceiro de primaria da escola Anexa para que nos axudaran a pensar ideas sobre cal sería a súa portada. Era, ademais, unha boa oportunidade para reflexionar sobre como se fai un libro poñéndonos na pel dun deseñador e, dacordo as ideas de Dewey, "aprender facendo".


Unha colección é un conxunto de libros, publicados por unha editorial, que normalmente comparte unha serie de características comúns: tamaño, temática, deseño de cuberta, tipografía...incluso a gramaxe do papel. Para aproximarnos a ese concepto, primeiramente levamos títulos de dúas coleccións de libros á aula para que as comparsaen: cales son máis parecidos e por que?, que elementos teñen en común?... Observamos que había elementos que se repetían, como o tamaño, a banda de cor enriba da imaxe, o tipo de letra, etc. Introducimos así o concepto de "formato" (entendido como o conxunto de características que se empregan para distinguir unha colección doutra).


Visualizando os conceptos de "colección e "formato" a partir de 2 coleccións de libros

Biblioteca de Pedagoxía (Kalandraka) e Libros para mañá (Catroventos (GAL) e Media Vaca (ES))


Formulamos a proposta de deseñar a portada. Para preparar o soporte coas dimensións da nosa cuberta, situamos un papel sobre un libro da colección e ímolo dobrando, coma unha funda, de tal xeito que as dobreces marcan a cuberta, o lombo, a contracuberta e as solapas. Despois retiramos o papel do libro e cortamos o sobrante.

Sobre a temática da portada explicamos brevemente as ideas de Dewy dunha escola conectada coa vida, e formulamos a pregunta: que actividades vos gustaría que se incorporaran á escola?

Así, desde o debuxo como utopía, entendido como posibilidade transformadora, e empregando de materiais pasteis ao óleo, os nenos e nenas comezaron a imaxinar outra escola.



 


UNA PORTADA PARA DEWEY


Cuando nos enteramos que se iba a publicar Experiencia y educación de John Dewey por primera vez en gallego (Kalandraka editora), nos pusimos muy contentos y lo quisimos trasladar a un grupo de niños y niñas de tercero de primaria de la escuela Anexa para ayudarnos a pensar ideas sobre cuál sería su portada. Era, además, una buena oportunidad para reflexionar sobre cómo se hace un libro poniéndonos en la piel de un diseñador y, de acuerdo las ideas de Dewey, "aprender haciendo"


Una colección es un conjunto de libros, publicados por una editorial, que normalmente comparte una serie de características comunes: tamaño, temática, diseño de cubierta, tipografía...incluso el gramaje del papel. Para aproximarnos a ese concepto, primero llevamos otros títulos de otras colecciones para compararlas. Observamos que había elementos que se repetían, como el tamaño, la banda de color arriba de la imagen, el tipo de letra, etc. Introducimos así el concepto de "formato" (entendido como el conjunto de características que se emplean para distinguir una colección de otra).

Visualizando el concepto de "colección" y "formato" a partir de 2 colecciones de libros

Biblioteca de Pedagoxía (Kalandraka) e Libros para mañá (Catroventos (GAL) e Media Vaca (ES))


Planteamos la propuesta de diseñar la portada. Para preparar el soporte con las dimensiones de nuestra cubierta, colocamos un papel sobre un libro de la colección y lo vamos doblando, como una funda, de tal manera que las dobleces marcan la cubierta, el lomo, la contracuberta y las solapas. Después retiramos el papel del libro y cortamos el sobrante.


Sobre la temática de la portada explicamos brevemente las ideas de Dewey de una escuela conectada con la vida, y formulamos la pregunta: que actividades os gustaría que se incorporen a la escuela? Así, desde el dibujo como utopía, entendido como posibilidad transformadora, y empleando como materiales pasteles al óleo, los niños y niñas comenzaron a imaginar otra escuela.



206 visualizaciones0 comentarios
bottom of page