top of page
  • Foto del escritorescola imaxinada

Frottage

Actualizado: 8 jun 2020

O frottage é unha técnica que consiste en fregar cun lapis –ou outros materiais como carboncillos, grafitos ou ceras– sobre un papel colocado encima dun obxecto, conseguindo a impresión de que o papel atrapa a forma e a textura dese obxecto.

Aínda que xa era unha técnica usada na antigüidade, en Europa, o artista das vangardas Max Ernst redescúbrea a principios do século XX inspirándose no veteado do chan de madeira do seu estudo. Ernst incorpora esta técnica á súa práctica artística levando a cabo unha serie de debuxos cubrindo con follas de papel o chan e fregando cun lapis suave. Algunhas das imaxes creadas asemellaban formas orgánicas e foron publicadas en 1926 baixo o título de Histoire Naturelle.

O frottage permite moitas formas de experimentación e investigación. Os surrealistas utilizábano para estimular a imaxinación a través dun xogo de asociacións ilóxicas que daban como resultado imaxes realizadas ao azar, cuxa expresividade radica na textura.

El frottage es una técnica que consiste en frotar con un lápiz –u otros materiales como carboncillos, grafitos o ceras– sobre un papel colocado encima de un objeto, consiguiendo la impresión de que el papel atrapa la forma y la textura de ese objeto.

Aunque ya era una técnica usada en la antigüedad, en Europa, el artista de las vanguardias Max Ernst lo redescubre a principios del siglo XX inspirándose en el veteado del suelo de madera de su estudio. Ernst incorpora esta técnica a su práctica artística llevando a cabo una serie de dibujos cubriendo con hojas de papel el suelo y frotando con un lápiz suave. Algunas de las imágenes creadas asemejaban formas orgánicas y fueron publicadas en 1926 bajo el título de Histoire Naturelle.

El frottage permite muchas formas de experimentación e investigación. Los surrealistas lo utilizaban para estimular la imaginación a través de un juego de asociaciones ilógicas que daban como resultado imágenes realizadas al azar, cuya expresividad radica en la textura.

Frottages de Max Ernst, Histoire Naturelle, 1926.


Na aula expómolo como unha forma de capturar a pel das cousas. Nese caso, é necesario, en primeiro lugar, observar a nosa contorna para descubrir as texturas do que nos rodea. Iniciamos o rexistro, ou a caza de texturas, a través dun mostrario, onde anotamos o obxecto ou a superficie da que xorde.

En el aula lo planteamos como una forma de capturar la piel de las cosas. En ese caso, es necesario, en primer lugar, observar nuestro entorno para descubrir las texturas de lo que nos rodea. Iniciamos el registro, o la caza de texturas, a través de un muestrario, donde anotamos el objeto o la superficie de la que surge.


A continuación proponse levar a cabo unha serie de composicións con esa técnica. Pare evitar o enchido de siluetas e a reprodución de imaxes estereotipadas e infantilizadas –e que haxa unha maior exploración nas formas e texturas– facemos pantallas con papel, a modo de xanelas con formas inventadas, que situamos encima da folla sobre a que imos debuxar, limitando a superficie que fregamos.

A continuación se propone llevar a cabo una serie de composiciones con esa técnica. Pare evitar el rellenado de siluetas y la reproducción de imágenes estereotipadas e infantilizadas –y que haya una mayor exploración en las formas y texturas– hacemos pantallas con papel, a modo de ventanas con formas inventadas, que situamos encima de la hoja sobre la que vamos a dibujar, limitando la superficie que frotamos.

Proceso: elaboración máscara de papel e frotado

Iniciamos a realización dunha composición a través da unión de diferentes formas, de xeito que cada nova pantalla/forma que incorporamos ten que tocar ou superpoñer nalgún punto outra forma xa debuxada. Así incidimos na cohesión entre os diferentes elementos e na visión de conxunto e compositiva. Podemos xogar con cores, frotando con outros materiais como ceras ou lapis ou incorporando elementos de collage.

Planteamos la realización de una composición a través de la unión de diferentes formas, de tal manera que cada nueva pantalla/forma que incorporamos tiene que tocar o superponer en algún punto otra forma ya dibujada. Así incidimos en la cohesión entre los diferentes elementos y en la visión de conjunto y compositiva. Podemos también jugar con colores, frotando con otros materiales como ceras o lápices o incorporando elementos de collage.





620 visualizaciones2 comentarios
bottom of page