©2020 escola imaxinada

ESCOLA IMAXINADA

Educar a través da arte

 
 
  • escola imaxinada

Microproxecto: Os medios de transporte / Microproyecto: Los medios de transporte

Actualizado: feb 12

1. Asemblea e debuxo de hipótese

Comezamos este microproxecto cunha asemblea inicial ao redor dos medios de transporte, preguntandolle aos nenos e nenas cales coñecen, en cal lles gusta viaxar, por onde se moven, como son, etc. Unha vez rematada a asemblea, propoñemos a realización de debuxos dos medios de transporte que coñecen empregando ceras sobre papel.

Sabemos que a meirande parte dos medios de transporte empregan combustibles contaminantes. Podemos formular o proxecto con debuxos de hipótese onde deseñen vehículos respetuosos co medio ambiente: que tipo de enerxía ou combustible utilizarían?, como funcionarían?, a onde se levarían cando deixen de funcionar?, etc.

1. Asamblea y dibujo de hipótesis:

Comenzamos este microproyecto con una asamblea inicial en torno a los medios de transporte, preguntando a los niños y niñas cuáles conocen, en cuál les gusta viajar, por dónde se mueven, cómo son, etc.Una vez finalizada la asamblea, proponemos la realización de dibujos de los medios de transporte que conocen empleando ceras sobre papel.

Sabemos que la mayor parte de los medios de transporte emplean combustibles contaminantes. Podemos formular el proyecto con dibujos de hipótesis donde diseñen vehículos respetuosos con el medio ambiente: ¿qué tipo de energía o combustible utilizarían?, ¿cómo funcionarían?, ¿a dónde se llevarían cuando dejen de funcionar?, etc.



2. Deseño do seu propio medio de transporte en volume

Rematados os debuxos propoñemos que deseñen e elaboren o seu medio de transporte en volume, empregando diferentes tipos de caixas (como as da proposta módulo I e módulo II), cartolinas e cinta de carroceiro e pegamento (para unir ou ensamblar as diferentes caixas).

Durante a realización desta proposta observamos que primeiro, os nenos e nenas elixiron as caixas que querían empregar, despois, colocáronas conformando a súa forma e, xa por último, uníronas coa cinta. Cando tiñan a estrutura feita, comezaron a recortar as cartolinas para engadirlle detalles ao seu vehículo.

2. Diseño de su propio medio de transporte en volumen

Finalizados los dibujos proponemos el diseño y elaboración de su medio de transporte en volumen, empleando diferentes tipos de cajas (cómo las de la propuesta módulo I y módulo II), cartulinas y cinta de carrocero y pegamento (para unir o ensamblar las diferentes cajas).

Durante la realización de esta propuesta observamos que primero, los niños y niñas eligieron las cajas que querían emplear, después las colocaron conformando su forma y, por último, las unieron con la cinta. Cuando tenían la estructura hecha, comenzaron a recortar las cartulinas para añadirle detalles a su vehículo.


3. Debuxo con xices dos diferentes lugares por onde van os medios de transporte

Unha vez rematados, presentamos un novo material: unha superficie negra pintada de pintura de lousa. Ao principio preguntóuselles que para que crían que podería usarse, pero pronto se decataron de que era unha superficie na que se podía debuxar. Foi neste momento cando se lles propuxo debuxar con xices as distintas vías, camiños ou lugares polos que irían os seus medios de transporte. Deste xeito, primeiro debuxaron distintos lugares como o mar, edificios... e despois comezaron a debuxar vías e estradas para colocar enriba os seus medios de transporte e levar a cabo percorridos na superficie.

3. Dibujo con tizas de los diferentes lugares por donde van los medios de transporte

Una vez finalizados, presentamos un nuevo material: una superficie negra pintada de pintura de pizarra. Al principio se les preguntó que para qué creían que podría usarse, pero pronto se dieron cuenta de que era una superficie en la que se podía dibujar. Fue en este momento cuando se les propuso dibujar con tizas las distintas vías, caminos o lugares por los que irían sus medios de transporte. De este modo, primero dibujaron distintos lugares como el mar, edificios... y después comenzaron a dibujar vías y carreteras para colocar sobre ellas sus medios de transporte y llevar a cabo recorridos en la superficie.



 

Contacto