©2020 escola imaxinada

ESCOLA IMAXINADA

Educar a través da arte

 
 
  • escola imaxinada

O banco de Arno Stern

Actualizado: ene 2


Banco de Arno Stern, 18 colores, témperas

Arno Stern é un pedagogo e investigador nado en Kassel, Alemaña, en 1924 de nacionalidade francesa. De familia xudía, tivo que fuxir a Francia cando Hitler tomou o poder, polo que non puido asistir á escola. Con 20 anos empeza a traballar nun fogar para orfos. O seu obxectivo era mantelos ocupados e Arno, sen ningún tipo de formación nin coñecemento sobre o debuxo, decide deixalos pintar, creando para elo as mellores condicións posibles. A partir de aí funda o seu propio taller onde investiga sobre o debuxo infantil e desenvolve a súa pedagoxía cunhas ferramentas propias e un espazo específico, denominado a Cápsula ou Clos Lieu.

Arno Stern es un pedagogo e investigador nacido en Kassel, Alemania, en 1924 de nacionalidad francesa. De familia judía, tuvo que huir a Francia cuando Hitler tomó el poder, por lo que no pudo asistir a la escuela. Con 20 años empieza a trabajar en un hogar para huérfanos. Su objetivo era mantenerlos ocupados y Arno, sin ningún tipo de formación ni conocimiento sobre el dibujo, decide dejarlos pintar creando las mejores condiciones posibles. A partir de ahí funda su propio taller donde investiga sobre el dibujo infantil y desarrolla su pedagogía con unas herramientas propias y un espacio específico, denominado la Cápsula o Clos Lieu


Esta proposta realizouse a partir do banco de madeira deseñado por Arno Stern para o seu taller. Construímos dous e levamos a cabo talleres co alumnado de infantil, familias e alumnado de Maxisterio. É importante sinalar que o uso que facemos do banco afástase dos postulados de Arno Stern (utilizámolo tamén no exterior) e interésanos principalmente como elemento facilitador que permite achegar a pintura á infancia e que pode ser un recurso moi útil para ter nas aulas.

Esta propuesta se realizó a partir del banco de madera diseñado por Arno Stern para su taller. Construimos dos y llevamos a cabo talleres con alumnado de infantil, familias y alumnado de Magisterio. Es importante señalar que el uso que hacemos del banco se aleja de los postulados de Arno Stern (lo utilizamos también en el exterior) y nos interesa principalmente como elemento facilitador que permite acercar la pintura a la infancia y que puede ser un recurso muy útil para tener en las aulas.


#recursos #stern


143 vistas
 

Contacto