top of page
  • Foto del escritorescola imaxinada

O debuxo magnético / El dibujo magnético



O debuxo magnético é un debuxo non estruturado, feito a partir de anacos de madeira ou cartón aos que se lles pega unha banda magnética. Deste xeito poden empregarse sobre unha lámina de metal na parede para que os nenos e nenas fagan composicións con eles. O material tamén pode personalizarse, pintando a madeira ou cartón con diferentes útiles trazadores como rotuladores, ceras ou témpera.


Este obradoiro levámolo a cabo coas crianzas en diferentes fases. En primeiro lugar realizan e personalizan as pezas magnéticas. A continuación elaboran as súas composicións nas láminas de metal, podendo levarse a cabo de xeito individual ou en grupo, ao conectar unhas formas coas outras. Como material non estruturado, que se pode mover e variar de posición, permite infinitas combinacións onde a mente e o corpo están activos en todo momento e onde todo se fai e se desfai, como ocorre na vida. Incorporamos así o concepto de cambio, a posibilidade de xogar con incontables posibilidades facendo probas e máis probas.

Finalmente levan a cabo un debuxo de observación das súas composicións e formas. O debuxo sobre papel permite tamén imaxinar outras cousas, seres ou acontecementos que incorporan novas narrativas e accións ás composicións magnéticas.

Tanto o mural magnético como as formas de madeira e cartón son materiais que poden estar presentes na aula para que os procesos teñan continuidade no tempo, actuando como unha especie de diario que pode ser visitado en calquera momento, evitando que as experiencias se reduzan a un único resultado. Desta forma, a aprendizaxe constrúese ao longo do tempo e desde o colectivo.

 

EL DIBUJO MAGNÉTICO


El dibujo magnético es un dibujo no estructurado, realizado con trozos de madera o cartón a los que se les pega una banda magnética. De este modo pueden emplearse sobre una lámina de metal en la pared para que los niños y niñas hagan composiciones con ellos. Las piezas también pueden personalizarse, pintando la madera o cartón con diferentes útiles trazadores como rotuladores, ceras o témpera.


Este taller lo llevamos a cabo con niños y niñas de infantil en diferentes fases. En primer lugar realizan y personalizan las piezas magnéticas.

A continuación elaboran sus composiciones en las láminas de metal, pudiendo llevarse a cabo de manera individual o en grupo, al conectar unas formas con las otras. Como material no estructurado, que se puede mover y variar de posición, permite infinitas combinaciones donde la mente y el cuerpo están activos en todo momento y donde todo se hace y se deshace, como ocurre en la vida. Incorporamos así el concepto de cambio, la posibilidad de jugar con incontables posibilidades haciendo pruebas y más pruebas.


Finalmente llevan a cabo un dibujo de observación de sus composiciones y formas. El dibujo sobre papel permite también imaginar otras cosas, seres o acontecimientos que incorporan nuevas narrativas y acciones a las composiciones magnéticas.


Tanto el mural magnético como las formas de madera y cartón son materiales que pueden estar presentes en el aula para que los procesos tengan continuidad en el tiempo, actuando como una especie de diario que puede ser visitado en cualquier momento, evitando que las experiencias se reduzcan a un único resultado. De esta forma, el aprendizaje se construye a lo largo del tiempo y desde el colectivo.






299 visualizaciones0 comentarios
bottom of page