top of page
  • Foto del escritorescola imaxinada

Os Maios

Actualizado: 1 may 2021


O Maio

Traballar dende o contexto próximo dos nenos e nenas é moi importante para aprender a coidalo, querelo e trasladar esas cuestións no futuro. O local lévanos ao universal e non ao contrario.


Un recurso que temos a man son as tradicións populares ligadas, normalmente, aos ciclos da natureza e que adoitan celebrar os cambios de estación.


No noso contexto, Galicia, a festividade dos Maios forma parte do chamado Ciclo de Maio, época de exaltación da natureza ao comezo da primavera. A celebración das festas de maio é común en moitas outras partes de Europa, onde existen variantes similares e, de igual forma, podemos atopar outras tradicións ligadas á natureza en calquera parte do mundo.


Os Maios adóitanse celebrar a principios dese mes. Durante esta festividade realízanse representacións, bailes e cantos ao redor dos Maios, unhas estruturas tradicionalmente inspiradas en figuras de árbores, pero que adoptan formas variadas e que son cubertas con flores, follas e froitos.


A creación de Maios cos nenos e nenas é unha proposta moi estimulante que recolle o impulso natural da infancia por construír mentres aprende.


En primeiro lugar, colleitar o material da natureza (follas, paus, flores, canas etc.) permite experimentalo cos sentidos –tocalo, cheiralo…–, clasificalo e presentalo aos demais.


A propia estrutura do Maio axuda a desenvolver o noso sentido espacial e visual, xa que se trata de estruturas en tres dimensións. Ao mesmo tempo, a súa construción, implica traballar, a través da experiencia directa e do ensaio-erro, propiedades de resistencia, dureza, flexibilidade… e serve para iniciarse en actividades construtivas como serrar, ensamblar, cortar ou anudar.


Ademais do compoñente construtivo, intervén un compoñente estético, onde o deseño inicial da estrutura de paus e a súa posterior ornamentación produce en todo momento un xogo de formas, cores e texturas que debemos aprender a observar para continuar e valorar o noso deseño.


Como ofrenda á natureza, os nosos Maios poden activar ao redor deles, outros espazos de xogos, danzas, cancións, debuxos, que estimulen a creatividade da infancia e a querenza e o coidado da súa contorna. A aparición dunha visita inesperada, unha lesma neste caso, pode dar pé a outras propostas.


 

LOS MAIOS


Trabajar desde el contexto próximo de los niños y niñas es muy importante para aprender a cuidarlo, quererlo y trasladar esas cuestiones en el futuro. Lo local nos lleva a lo universal y no al contrario.


Un recurso que tenemos a mano son las tradiciones populares ligadas, normalmente, a los ciclos de la naturaleza y que suelen celebrar los cambios de estación.


En nuestro contexto, Galicia, la festividad de Os Maios forma parte del llamado Ciclo de Mayo, época de exaltación de la naturaleza al comienzo de la primavera. La celebración de las fiestas de mayo es común en muchas otras partes de Europa, donde existen variantes similares y, de igual forma, podemos encontrar otras tradiciones ligadas a la naturaleza en cualquier parte del mundo.


Os Maios se suelen celebrar a principios de ese mes. Durante esta festividad se realizan representaciones, bailes y cantos alrededor de os Maios, unas estructuras tradicionalmente inspiradas en figuras de árboles, pero que adoptan formas variadas y que son cubiertas con flores, hojas y frutos.


La creación de maios con los niños y niñas es una propuesta muy estimulante que recoge el impulso natural de la infancia por construir mientras se aprende.


En primer lugar, recolectar el material de la naturaleza (hojas, palos, flores, cañas, etc.) permite experimentarlo con los sentidos –tocarlo, olerlo…–, clasificarlo y presentarlo a los demás.


La propia estructura del Maio ayuda a desarrollar nuestro sentido espacial y visual, ya que se trata de estructuras en tres dimensiones. Al mismo tiempo, su construcción, implica trabajar, a través de la experiencia directa y del ensayo-error, propiedades de resistencia, dureza, flexibilidad… y sirve para iniciarse en actividades constructivas como serrar, ensamblar, cortar o anudar.


Además del componente constructivo, interviene un componente estético, donde el diseño inicial de la estructura de palos y su posterior ornamentación produce en todo momento un juego de formas, colores y texturas que debemos aprender a observar para continuar y valorar su diseño.


Como ofrenda a la naturaleza, nuestros Maios pueden activar en torno a ellos, otros espacios de juegos, danzas, canciones, que estimulen la creatividad de la infancia y la querencia y el cuidado de su entorno. La aparición de una visita inesperada, como una babosa en este caso, puede dar pie a otras propuestas

Antón, 6º de infantil, serrando,
Unha visita inesperada pode dar pé a outras propostas



658 visualizaciones0 comentarios
bottom of page