top of page

Construír con papel reciclado

  • Foto del escritor: escola imaxinada
    escola imaxinada
  • 22 may
  • 3 Min. de lectura


Reciclar defínese como someter materiais usados ou desperdicios a un proceso de transformación ou aproveitamento para que poidan ser novamente utilizados. Reciclar non é o mesmo que reutilizar, require que o material pase por un proceso ou tratamento que o converta nunha nova materia prima. Os materiais reciclables son moitos, e inclúen todo o papel e cartón, o vidro, os metais, algúns plásticos, teas e téxtiles ou madeiras.


Nesta proposta levamos a cabo un taller para reciclar papel co obxectivo de crear un material non estruturado, que nos permita levar a cabo xogos de construción.


A primeira parta do taller consiste en preparar o material. Recuperamos os papeis dos apuntes que o alumnado deixa na facultade e triturámolos  –así os apuntes teñen finalmente unha utilidade :) – . Empregamos en primeiro lugar a trituradora de papel, e deixamos o papel en remollo na auga varios días.



Despois imos escorrendo a auga e empregamos un taladro para batir, ata que conforme unha polpa máis espesa e engadimos cola de empapelar. Tamén engadimos cola branca e fibras de la para darlle máis consistencia.



Á polpa podemos darlle moitos usos: a facer bonecos, teselas, maquetas, xarrós... Nesta ocasión queríamos facer un xogo de construción, a modo de material non estruturado partindo da repetición dunha serie de módulos. E queriamos, ademais, que esa forma tivera volume. Para o molde collemos uns recipientes de plástico cadrado, aplicámoslle un desmoldeante, e fomos colocando o papel presionando nos laterais do molde.




Así quedou finalmente o noso material. Un material que permite construír estruturas, escenarios ou figuras, combinando as diferentes formas e cores. Levar ademais este proxecto coa infancia nun aula, axuda a valorar a importancia do tempo dos procesos, fronte a inmediatez e a rapidez da sociedade actual. Tamén pode dirixirse a un obxectivo real: facer ladrillos para dividir espazos, crear mobiliario para a aula etc.




Outro día explicámosvos como fixemos unha lámpada :) !



Construir con papel reciclado


Reciclar se define cómo someter materiales usados o desperdicios a un proceso de transformación o aprovechamiento para que puedan ser nuevamente utilizados. Reciclar no es el mismo que reutilizar, requiere que el material pase por un proceso o tratamiento que lo convierta en una nueva materia prima. Los materiales reciclables son muchos, e incluyen todo el papel y tarjeta, el vidrio, los metales, algunos plásticos, telas y textiles o maderas.


En esta propuesta llevamos a cabo un taller para reciclar papel con el objetivo de crear un material no estructurado, que nos permita llevar a cabo juegos de construcción.


La primera parta del taller consiste en preparar el material. Recuperamos los papeles de los apuntes que el alumnado deja en la facultad y triturámolos  –así los apuntes tienen finalmente una utilidad :)–. Empleamos en primer lugar a trituradora de papel, y dejamos el papel a remojo en el agua varios días. Después vamos escurriendo el agua y empleamos una batidora de mano, hasta que conforme una pulpa más espesa y añadimos cola de empapelar. También añadimos cola blanca y fibras de lana para darle más consistencia.



A la pulpa podemos darle muchos usos: a hacer muñecos, teselas, maquetas, xarrós... En esta ocasión me los quería hacer un juego de construcción, a modo de material no estructurado partiendo de la repetición de una serie de módulos. Y queríamos, además, que esa forma había tenido volumen. Para el molde cogemos unos recipientes de plástico cuadrado, le aplicamos un desmoldeante, y fuimos colocando el papel presionando en los laterales del molde.



Así quedó finalmente nuestro material. Un material que permite construir estructuras, escenarios o figuras, combinando las diferentes formas y colores. Llevar además este proyecto con la infancia en un aula, ayuda a valorar la importancia del tiempo de los procesos, frente a inmediatez y la rapidez de la sociedad actual. También puede dirigirse la un objetivo real: hacer ladrillos para dividir espacios, crear mobiliario para el aula etc.

etc.



Otro día os explicamos cómo hicimos una lámpara :) !




Comments


©2025 escola imaxinada

bottom of page