• escola imaxinada

Os seres da fraga / Los seres del bosque

Updated: Jun 8

Despois de recoller elementos que atopamos no chan na fraga, levámolos á aula na nosa bolsa da natureza e presentámolos aos demais para a súa clasificación. Documentamos a selección con fotografías ou con debuxos e creamos o noso propio museo.

Después de recoger elementos que encontramos en el suelo en el bosque, los llevamos al aula en nuestra bolsa de la naturaleza y los presentamos a los demás para su clasificación. Documentamos la selección con fotografías o con dibujos y creamos nuestro propio museo.



A continuación podemos presentar a proposta de diversas maneiras: como composicións cos materiais recollidos, que despois se transforman en seres ou animais da fraga –tal como vimos na proposta do abstracto ao figurativo–, ou ben xa partindo da creación dos seres da natureza. En calquera dos casos é sempre interesante que os nenos e nenas traballen primeiro unicamente cos propios elementos da natureza para, nunha fase posterior, introducir algún útil trazador (cera, rotulador, lapis etc.) por se queren intervir as súas composicións e incorporar algún detalle que defina o seu ser.

A continuación podemos presentar la propuesta de diversas maneras: como composiciones con los materiales recogidos que después se transforman en seres o animales del bosque –tal como vimos en la propuesta de abstracto a figurativo–, o ya partiendo de la creación de los seres de la naturaleza. En cualquiera de los casos es siempre interesante que los niños y niñas trabajen primero únicamente con los propios elementos de la naturaleza para, en una fase posterior, introducir algún útil trazador (cera, rotulador, lápiz, etc.) por si quieren intervenir sus composiciones e incorporar algún detalle que defina su ser.


Unha vez rematados os nosos seres, podemos crear unha pequena historia, adiviña, poema... que acompañe á imaxe. Ou viceversa: podemos tamén iniciar a proposta a partir de pequenos textos sobre seres realizados polos propios nenos e nenas e, a partir de aí, crealos e reinterpretalos cos elementos recollidos.

Una vez finalizados nuestros seres, podemos crear una pequeña historia, adivinanza, poema... que acompañe a la imagen, o viceversa: podemos también iniciar la propuesta a partir de pequeños textos sobre seres imaginados por los propios niños y niñas y, a partir de ahí, crearlos y reinterpretarlos con los elementos recogidos.




 

©2020 escola imaxinada