top of page
  • Foto del escritorescola imaxinada

Referentes: Emma Reyes

Actualizado: 9 sept 2021


Cando levamos referentes artísticos ás aulas, tendemos a mostrar unha visión predominantemente occidental. Na súa maioría son obras de artistas de grupos de poder privilexiados (homes, occidentais, brancos, heterosexuais) e esquecemos outras voces igualmente válidas e necesarias.

É importante sinalar que a arte é unha forma de crear maneiras de vivir respectuosas coa diversidade e a diferenza, máis aló dos discursos dominantes. Nese sentido, queremos reivindicar artistas que levaron a cabo a súa obra desde as marxes e que nos achegan outras miradas, moitas veces esquecidas ou ignoradas.


Un exemplo é a artista colombiana Emma Reyes (1919-2003), pintora, debuxante e escritora, cuxo libro autobiográfico Memoria por correspondencia (publicado 10 anos despois da súa morte por decisión da súa autora) foi considerado pola crítica especializada o mellor libro de 2012 e dos últimos anos en Colombia.


Muller, pobre, analfabeta ata os 18 anos, Emma Reyes nunca pasou por unha escola nin universidade. O libro narra as duras circunstancias da súa infancia, sen resentimentos nin rancores, a través de 23 cartas (desde 1969 ata 1997) que lle escribe ao seu amigo, o intelectual Germán Arciniegas.

Cunha escritura sinxela e honesta, sen pretensións, Reyes describe as adversidades que viviu de nena en Colombia a comezos do século XX, cando foi abandonada xunto á súa irmá nun convento. Durante a súa infancia foron explotadas, golpeadas, desprezadas e insultadas pola maior parte dos adultos que se cruzaron no seu camiño; unha infancia da que saíu, con todo, non chea de odio, senón de curiosidade.


O tema da súa obra pictórica foi a xente común e corrente, aínda que realizou moitos bodegóns e algunhas paisaxes. As súas pinturas son como debuxos coloreados. É a estrutura fundamental que, como ela mesma dicía, derivou da súa experiencia coas monxas facendo bordados.

Leila Guerriero, finaliza a introdución ao libro (Libros do Asteroide, 2015) dicindo: "Nunha das primeiras cartas Emma Reyes lembraba que o cuarto miserable no que vivía en Bogotá estaba preto dunha fábrica de cervexa cuxo nome era 'Leona pura, leona oscura'. Esa frase parece unha definición, inmellorable, do que ela foi."


NOTA: A editorial Libros del Zorro Rojo publicou en España Muñeco de Barro, un álbum ilustrado por Carme Solé Vendrell a partir do texto da primera carta.


 

EMMA REYES


Cuando se llevan referentes artísticos a las aulas, tendemos a mostrar una visión predominantemente occidental. En su mayoría son obras de artistas de grupos de poder privilegiados (hombres, occidentales, blancos, heterosexuales) y olvidamos otras voces igualmente válidas y necesarias.

Es importante señalar que el arte es una forma de crear maneras de vivir respetuosas con la diversidad y la diferencia, más allá de los discursos dominantes. En ese sentido, queremos reivindicar artistas que han llevado a cabo su obra desde los márgenes y que nos acercan otras miradas, muchas veces olvidadas o ignoradas.


Un ejemplo es la artista colombiana Emma Reyes (1919-2003), pintora, dibujante y escritora, cuyo libro autobiográfico Memoria por correspondencia (publicado 10 años después de su muerte por decisión de su autora) fue considerado por la crítica especializada el mejor libro de 2012 y de los últimos años en Colombia.


Mujer, pobre, analfabeta hasta los 18 años, Emma Reyes nunca pasó por una escuela ni universidad. El libro narra las duras circunstancias de su infancia, sin resentimientos ni rencores, a través de 23 cartas (desde 1969 hasta 1997) que le escribe a su amigo, el intelectual Germán Arciniegas.

Con una escritura sencilla y honesta, sin pretensiones, Reyes describe las adversidades que vivió de niña en Colombia a comienzos del siglo XX, cuando fue abandonada junto a su hermana en un convento. Durante su infancia fueron explotadas, golpeadas, despreciadas e insultadas por la mayor parte de los adultos que se cruzaron en su camino; una infancia de la que salió, sin embargo, no llena de odio, sino de curiosidad.


El tema de su obra pictórica fue la gente común y corriente, si bien realizó muchos bodegones y algunos paisajes. Sus pinturas son como dibujos coloreados, es la estructura fundamental que, como ella misma decía, derivó de su experiencia con las monjas haciendo bordados.


Leila Guerriero, finaliza la introducción al libro (Libros del Asteroide, 2015) diciendo: "En una de las primeras cartas Emma Reyes recordaba que el cuarto miserable en el que vivía en Bogotá estaba cerca de una fábrica de cerveza cuyo nombre era Leona pura, leona oscura. Esa frase parece una definición, inmejorable, de lo que ella fue."


NOTA: La editorial Libros del Zorro Rojo publicó en España Muñeco de Barro, un álbum ilustrado por Carme Solé Vendrell a partir del texto de la primera carta.




354 visualizaciones0 comentarios
bottom of page