top of page
  • Foto del escritorescola imaxinada

Referentes: Hilma af Klint

Actualizado: 15 nov 2020

Hilma af Klint (1862-1944) foi unha artista sueca pioneira da arte abstracta. Con todo, os seus cadros abstractos non foron coñecidos ata 1986, xa que, por expreso desexo da artista, solicitou que estas obras non fosen expostas ata vinte anos despois da súa morte, xa que consideraba que non serían ben acollidas na súa época.


A súa linguaxe abstracta comezou en 1906, anos antes que Wassily Kandinsky ou Mondrian, considerados ata entón os precursores da arte abstracta. A diferenza destes autores, que chegaron á abstracción a partir de referentes reais que ían analizando ata desprenderse deles e alcanzar unha forma "pura" (como vimos no caso de Mondrian), Hilma af Klint parte dunha dimensión espiritual que existe máis aló do que o ollo pode ver.


Influída polas correntes espirituais da época, particularmente o espiritismo, a teosofía e a antroposofía, destacamos as súas pinturas de gran formato, con elementos recorrentes, como círculos concéntricos, óvalos e espirais. As temáticas abordan aspectos metafísicos, como a dualidade –materia e espírito, o feminino e o masculino, o luminoso e o escuro– a totalidade do cosmos, a orixe do mundo etc.


A artista abandonou a pintura en 1925 para dedicarse á teosofía. A arte abstracta xa estaba consolidada e moi pouca xente sabía quen era. Entre eles o teósofo Rudolf Steiner, que viu moitos destes cadros e quedou sorprendido pola súa calidade artística e espiritual. Pero díxolle á artista que ocultase aqueles cadros durante 50 anos, porque nunca serían entendidos. Ela así fixo.


No 1986 fixose pública a súa obra. Aínda así, inicialmente non tivo moita repercusión e seguiron sen incluírse as súas achegas na historia da arte. Non foi ata 2018, coa retrospectiva que lle dedicou o Guggenheim, cando foi coñecida amplamente e descubrimos a obra dunha artista que asombra pola súa innovación e beleza. Agora si, o mundo está preparado.



 

Hilma af Klint (1862-1944) fue una artista sueca pionera del arte abstracto. Sin embargo, sus cuadros abstractos no fueron conocidos hasta 1986, ya que, por expreso deseo de la artista, solicitó que estas obras no fueran expuestas hasta veinte años después de su muerte, ya que consideraba que no serían bien acogidas en su época.


Su lenguaje abstracto comenzó en 1906, años antes que Wassily Kandinsky o Mondrian, considerados hasta entonces los precursores del arte abstracto. A diferencia de estos autores, que llegaron a la abstracción a partir de referentes reales que iban analizando hasta desprenderse de ellos y alcanzar una forma "pura" (como vimos en el caso de Mondrian), Hilma af Klint parte de una dimensión espiritual que existe más allá de lo que el ojo puede ver.


Influida por las corrientes espirituales de la época, particularmente el espiritismo, la teosofía y la antroposofía, destacamos sus pinturas de gran formato, con elementos recurrentes, como círculos concéntricos, óvalos y espirales. Las temáticas abordan aspectos metafísicos, como la dualidad –materia y espíritu, lo femenino y lo masculino, lo luminoso y lo oscuro– la totalidad del cosmos, el origen del mundo, etc.


La artista abandonó la pintura en 1925 para dedicarse a la teosofía. El arte abstracto ya estaba consolidado y muy poca gente sabía quién era. Entre ellos el teósofo Rudolf Steiner, que vio muchos de estos cuadros y se quedó sorprendido por su calidad artística y espiritual. Pero le dijo a la artista que ocultara aquellos cuadros durante 50 años, porque nunca serían entendidos. Ella obedeció.


En 1986 se hizo pública su obra. Aún así, inicialmente no tuvo mucha repercusión y siguieron sin incluirse sus aportaciones en la historia del arte. No fue hasta 2018, con la retrospectiva que le dedicó el Guggenheim, cuando fue conocida ampliamente y hemos descubierto la obra de una artista que ha asombrado por su innovación y belleza. Ahora sí, el mundo está preparado.










273 visualizaciones0 comentarios
bottom of page