ESCOLA IMAXINADA

Educar a través da arte

 
  • escola imaxinada

Teatro de sombras portátil

Actualizado: abr 2

O teatro de sombras, cuxo precedente son as sombras chinescas, parte do xogo baseado nun efecto que se consegue ao interpoñer as mans ou outros obxectos entre unha fonte de luz e unha superficie clara (pantalla ou parede), de maneira que a posición e o movemento deses obxectos proxecta sombras que representan figuras estáticas ou en movemento. Constitúe unha das máis antigas artes do teatro de monicreques e marionetas.

Existe documentación da longa tradición de teatro de sombras no sueste de Asia, algúns tan espectaculares como os "wayang kulit" da illa de Xava, que son Patrimonio da Humanidade.

Algúns investigadores propuxeron que a orixe das sombras chinesas xurdiu da prohibición ás mulleres de acudir ás representacións teatrais. As mulleres, escondidas do outro lado do pano de fondo, vían a función pola parte traseira sen apreciar os ornamentos das figuras, pero engadindo coa súa imaxinación a actividade fantástica do relato das sombras, o que facía o espectáculo aínda máis suxestivo

El teatro de sombras, cuyo precedente son las sombras chinescas, parte del juego basado en un efecto que se consigue al interponer las manos u otros objetos entre una fuente de luz y una superficie clara (pantalla o pared), de manera que la posición y el movimiento de esos objetos proyecta sombras que representan figuras estáticas o en movimiento. Constituye una de las más antiguas artes del teatro de títeres y marionetas.

Existe documentación de la larga tradición de teatro de sombras en el sudeste de Asia, algunos tan espectaculares como los "wayang kulit" de la isla de Java, que son Patrimonio de la Humanidad. Algunos investigadores han propuesto que el origen de las sombras chinas surgió de la prohibición a las mujeres de acudir a las representaciones teatrales. Las mujeres, escondidas del otro lado del telón de fondo, veían la función por la parte trasera sin apreciar los ornamentos de las figuras, pero añadiendo con su imaginación la actividad fantástica del relato de las sombras, lo que hacía el espectáculo aún más sugerente.


Continuando con propostas sinxelas e empregando poucos recursos, podemos crear un teatro de sombras portátil cun folio e unha fonte de luz. Dobrar o papel a modo de biombo, de xeito que se teña de pé, permítenos, a continuación, recrear escenas con siluetas de persoas, animais, plantas, obxectos... Cunha lanterna (vale a do móbil) iluminamos dende detrás as distintas escenas. Pode servir de escenario para contar unha historia inventada, un conto, unha lenda, un poema etc.

Continuando con propuestas sencillas y empleando pocos recursos, podemos crear un teatro de sombras portátil con un folio y una fuente de luz. Doblar el papel a modo de mampara, de manera que se tenga de pie, nos permite, a continuación, recrear escenas con siluetas de personas, animales, plantas, objetos... Con una linterna (vale la del móvil) iluminamos desde atrás las distintas escenas. Puede servir de escenario para contar una historia inventada, un cuento, una leyenda, un poema, etc.



 
 

Contacto

 
 

©2020 escola imaxinada