top of page
  • Foto del escritorescola imaxinada

Escola imaxinada comeza un proxecto de custodia do territorio


Estamos moi contentos de compartir unha nova. Cando se creou Escola imaxinada tiñamos claro a importancia do noso vínculo coa natureza. Unha das nosas inquedanzas foi, desde o principio, trasladar á educación unha actitude de coidado cara a nosa contorna que nos permita valorar, defender e loitar pola biodiversidade natural.


Vendo que cada vez se fai máis evidente a perda de biodiversidade decidimos, desde unha vontade activista, levar a acción á práctica. Vimos de mercar 9.000 metros cadrados de bosque virxe; dúas chousas, unha delas con carballos centenarios como podedes ver nas fotografías.


Todo este esforzo foi posible grazas aos honorarios recibidos por cursos, conferencias e a venda de libros para adquirir este bosque e que permaneza vivo e libre da ameaza da eucaliptización que padecemos.


Desexamos que este sexa o primeiro bosque imaxinado que inicie un proxecto máis extenso de custodia de territorio. A custodia do territorio é un sistema de xestión que nace co obxectivo de conservar a biodiversidade, o patrimonio cultural e a paisaxe en lugares concretos.


Esperamos que vos faga tanta ilusión como a nós porque tamén formades parte desta custodia.


 

Escola imaxinada comienza un proyecto de custodia do territorio


Estamos muy contentos de compartir una noticia. Cuando se creó Escola imaxinada teníamos claro la importancia de nuestro vínculo con la naturaleza. Una de nuestras inquietudes fue, desde el principio, trasladar a la educación una actitud de cuidado hacia nuestro entorno que nos permita valorar, defender y luchar por la biodiversidad natural.


Viendo que cada vez se hace más evidente la pérdida de biodiversidad decidimos, desde una voluntad activista, llevar la acción a la práctica. Venimos de comprar 9.000 metros cuadrados de bosque virgen; dos chousas*, una de ellas con robles centenarios como podéis ver en las fotografías.


Todo este esfuerzo fue posible gracias los honorarios recibidos por cursos, conferencias y la venta de libros para adquirir este bosque y que permanezca vivo y libre de la amenaza de la eucaliptización que padecemos.


Deseamos que este sea el primer bosque imaginado que inicie un proyecto más extenso de custodia de territorio. La custodia del territorio es un sistema de gestión que nace con el objetivo de conservar la biodiversidad, el patrimonio cultural y el paisaje en lugares concretos.


Esperamos que os haga tanta ilusión como a nosotros porque también formáis parte de esta custodia.


*Chousa: porción de monte cercada, de no mucha extensión.




560 visualizaciones2 comentarios
bottom of page