• escola imaxinada

A bandeira do cosmos / La bandera del cosmos

Updated: Jan 5

Esta proposta levouse a cabo con nenos e nenas de infantil e primaria e inspirouse nas obras e traxectorias vitais dos artistas Lygia Pape* e César Manrique**.

Despois dun paseo polo bosque e para celebrar un sentido de pertenza á natureza, pintamos a nosa bandeira do cosmos nun lenzo de algodón, utilizando as nosas experiencias no bosque como referencia. Animais, plantas, paisaxes e choiva mesturáronse nunha composición colorida.

Esta propuesta se llevó a cabo con niños y niñas de infantil y primaria y se inspiró en las obras y trayectorias vitales de los artistas Lygia Pape y César Manrique.

Después de un paseo por el bosque y para celebrar un sentido de pertenencia a la naturaleza, pintamos nuestra bandera del cosmos en un lienzo de algodón, utilizando nuestras experiencias previas en el bosque como referencia. Animales, plantas, paisajes y lluvia se mezclaron en una composición colorida.


Máis tarde, a bandeira utilizouse para presentarnos como unha unidade activista. Cortamos pequenos buracos circulares na tea, para que os nenos e nenas puidesen introducir o seu corpo e ser parte del. Todos xuntos, comezaron a camiñar, coidando de que os nenos máis pequenos seguisen o paso dos maiores. Tamén cantaron para presentarse ás persoas que coñeceron no camiño: «Estamos aquí, somos natureza e queremos compartilo contigo».

Más tarde, la bandera se utilizó para presentarnos como una unidad activista. Cortamos pequeños agujeros circulares en la tela, para que los niños y niñas pudieran introducir su cuerpo y ser parte de él. Todos juntos, comenzaron a caminar, cuidando de que los niños más pequeños siguieran el paso de los mayores. También cantaron para presentarse a las personas que conocieron en el camino: «Estamos aquí, somos naturaleza y queremos compartirlo contigo».



*Lygia Pape (1927-2004) foi unha destacada artista brasileira. Participou en movementos artísticos moi significativos no Brasil como Arte concreto e Neo concreto. Pape e outras artistas do momento rexeitaban as ideas elitistas da arte; crían que a arte era para todo o mundo e debía conectar e xuntar as persoas.

**César Manrique (1919-1992) foi un artista español e ecoloxista pioneiro. Compaxinou a súa obra coa defensa dos valores ambientais da súa terra natal, a illa de Lanzarote (Canarias). A súa obra busca a harmonía entre a arte e a natureza como espazo creativo.

*Lygia Pape (1927-2004) fue una destacada artista brasileña. Participó en movimientos artísticos muy significativos en el Brasil como Arte concreto y Neo concreto. Pape y otras artistas del momento rechazaban las ideas elitistas del arte; creían que el arte era para todo el mundo y debía conectar y juntar las personas.

**César Manrique (1919-1992) fue un artista español y ecologista pionero. Compaginó su obra con la defensa de los valores medioambientales de su tierra natal, la isla de Lanzarote (Canarias). Su obra busca la armonía entre el arte y la naturaleza como espacio creativo.


 

©2020 escola imaxinada