top of page
  • Foto del escritorescola imaxinada

A caixa conto / La caja cuento

Actualizado: 9 feb 2022

Esta proposta comeza co deseño dun material didáctico para traballar na aula de infantil, neste caso, a caixa conto. A caixa, como contedora dunha historia, achega o volume do espazo para que os nenos e nenas manexen dunha forma natural a tridimensionalidade. Introduce tamén a idea de secuenciación; a historia pode dividirse en varias caixas, cada unha delas contén unha parte do relato.

A caixa preséntase como un obxecto que se pecha ou abre ao exterior. A tapa non é un elemento gratuíto, permite o descubrimento, a sorpresa, dá a posibilidade de interactuar con dous planos ou integrar o movemento de abrir a caixa no relato.

Para o seu deseño, realizamos primeiro unha caixa conto a nivel de ilustración, adaptando ou creando un conto ao elemento caixa. Ademais de debuxos, permite incorporar elementos reais tridimensionais, fíos ou engrenaxes que posibilitan colgar obxectos, xogar coa profundidade do espazo, crear movementos, etc.


Construídas as caixas, iniciamos unhas sesións de contacontos co alumnado de infantil. Unha vez acabadas, ofréceselle os materiais e as caixas baleiras para realizar as súas propias escenas. Podemos observar que, mentres no alumnado de Maxisterio a súa barreira é a caixa – faise visible a súa preocupación adulta polo resultado, pola aparencia externa–, nos nenos e nenas, hai unha maior relación espacial e narrativa dos elementos que van incorporando, expandíndose os materiais e facendo da caixa un corpo máis flexible.


 

La caja cuento

Esta propuesta comienza con el diseño de un material didáctico para trabajar en el aula de infantil, en este caso, la caja cuento. La caja, como contenedora de una historia, aporta el volumen del espacio para que los niños y niñas manejen de una forma natural la tridimensionalidad. Introduce también la idea de secuenciación; la historia puede dividirse en varias cajas, cada una de ellas contiene una parte del relato.

La caja se presenta como un objeto que se cierra o abre el exterior. La tapa no es un elemento gratuito, permite el descubrimiento, la sorpresa, da la posibilidad de interactuar con dos planos o integrar el movimiento de abrir la caja en el relato.

Para su diseño, realizamos primero una caja cuento a nivel de ilustración, adaptando o creando un cuento al elemento caja. Además de dibujos, permite incorporar elementos reales tridimensionales, hilos o engranajes que posibilitan colgar objetos, jugar con la profundidad del espacio, crear movimientos, etc.


Construidas las cajas, iniciamos unas sesiones de cuentacuentos con el alumnado de infantil. Una vez acabadas, se le ofrece los materiales y cajas vacías para realizar sus propias escenas. Podemos observar que, mientras en el alumnado de Magisterio su barrera es la caja – se hace visible su preocupación adulta por el resultado, por la apariencia externa–, en los niños y niñas, hay una mayor relación espacial y narrativa de los elementos que van incorporando, expandiéndose los materiales y haciendo de la caja un cuerpo más flexible.



948 visualizaciones0 comentarios
bottom of page