©2020 escola imaxinada

ESCOLA IMAXINADA

Educar a través da arte

 
 
  • escola imaxinada

Debuxo de simetrías: Froebel na Bauhaus? / Dibujo de simetrías: ¿Froebel en la Bauhaus?

Actualizado: 29 de dic de 2019

Este ano cúmprense 100 anos da creación da Bauhaus. Unha das escolas de deseño, arquitectura, arte e artesanía máis importantes e influentes do século XX que sentou as bases do que hoxe se coñece como deseño industrial. Creada en 1919 en Weimar permaneceu aberta só catorce anos ata que foi pechada polos Nazis en 1933. Sen embargo moitos dos seus deseños e formulacións seguen a estar presentes nas nosas vidas.

Este año se cumplen 100 años del nacimiento de la Bauhaus. Una de las escuelas de diseño, arquitectura, arte y artesanía más importantes e influyentes del siglo XX que sentó las bases del que hoy se conoce como diseño industrial. Creada en 1919 en Weimar, permaneció abierta solo catorce años hasta que fue cerrada por los Nazis en 1933. Sin embargo muchos de sus diseños y planteamentos siguen estando presentes en nuestras vidas.


O que non é tan coñecido é que un dos seus profesores máis icónicos, Joan Itten, fora anteriormente mestre de escola elemental. Ittem, coñecedor dos métodos desenvoltos por Froebel (1782-1852) para as Kindergarten, aplicounos nas súas clases. Os seus cursos na Bauhaus partían da aprendizaxe a través do xogo, entendido como un continuo proceso de exploración e transformación, como unha maneira de volver á infancia para crear unha nova linguaxe visual aplicado ao deseño.

Lo que no es tan conocido es que uno de sus profesores más icónicos, Joan Itten, había sido anteriormente maestro de escuela elemental. Ittem aplicó los métodos desarrollados por Froebel (1782-1852) para las Kindergarten en sus clases en la Bauhaus. Sus cursos partían del aprendizaje a través del juego, entendido como un continuo proceso de exploración y transformación, como una manera de volver a la infancia para crear un nuevo lenguaje visual aplicado al diseño.


Unha das propostas deseñadas por Froebel para a infancia que Ittem levou a cabo na Bauhaus foron os debuxos de simetrías. Para conmemorar o centenario da Bauhaus decidimos realizar esta proposta na aula de formación de profesorado, con papeis de tamaño A3 e carboncillo.

Una de las propuestas diseñadas por Froebel para la infancia que Ittem realizó en la Bauhaus fueron los dibujos de simetrías. Para conmemorar el centenario de la Bauhaus decidimos llevar a cabo esta propuesta en el aula de formación de profesorado, con papeles de tamaño A3 y carboncillo.






 

Contacto