• escola imaxinada

Pasear desde a miña xanela / Pasear desde mi ventana

Updated: May 13

Unha das ferramentas máis importantes que temos ao noso alcance, e da que poucas veces somos conscientes, é a capacidade de observación. Saber observar dános a oportunidade de descubrir, analizar, examinar, esculcar e, por tanto, abraiarnos do mundo que nos rodea, así como percibir os cambios constantes que se producen ao noso ao redor.

Observar non é o mesmo que mirar, implica unha reflexión e require dunha aprendizaxe para perfeccionarse. Na nosa aula, para aprender a observar, moitas veces pedimos ao alumnado que recorte nun papel ou cartón un oco rectangular e o sitúe enriba dos seus debuxos. Este sinxelo dispositivo actúa como unha xanela que permite centrar a atención nesa zona concreta e, por tanto, axuda a descontextualizar as formas ou cores e velas cunha nova perspectiva. Nós a esa xanela de papel chamabámola "visor", pero recentemente soubemos que a artista e profesora Corita Kent chamábaa "descubridor" e pareceunos unha nomenclatura máis axeitada.


O paseo é un momento idóneo para a observación. Con todo, afeitos como estamos a que os nosos percorridos coa infancia teñan un obxectivo inmediato: o colexio, as clases extraescolares, o centro comercial..., as persoas adultas esquecémonos do enorme valor do paseo como fonte de observación e reflexión. Agora que pasamos moito tempo na casa e apenas podemos saír, propoñemos empregar o noso "descubridor" para mirar con el a través das xanelas e pasear coa nosa mirada. Trátase de crear percorridos visuais ou pararnos a observar detalles que antes non viramos: as formas do edificio de en fronte, unha mancha no asfalto, a luz do farol...

Unha segunda parte da proposta, tras a observación, consiste en modificar a nosa paisaxe con pequenos elementos de papel ou cartolina que pegamos no cristal de tal forma que este sexa un escenario para construír unha acción ou unha historia.

A través desta proposta queremos destacar a importancia da observación para fomentar a creatividade, así como incidir na necesidade de que os nenos e nenas coñezan aquilo máis próximo e adquiran un pensamento crítico. Observar desde a xanela, sobre todo a paisaxe urbana, pode ser tamén unha forma de reflexión crítica sobre os modos actuais de existencia.


-----

Una de las herramientas más importantes que tenemos a nuestro alcance, y de la que pocas veces somos conscientes, es la capacidad de observación. Saber observar nos da la oportunidad de descubrir, analizar, examinar, curiosear y, por lo tanto, asombrarnos del mundo que nos rodea, así como percibir los cambios constantes que se producen a nuestro alrededor.

Observar no es lo mismo que mirar, implica una reflexión y requiere de un aprendizaje para perfeccionarse. En nuestra aula, para aprender a observar, muchas veces pedimos al alumnado que recorte en un papel o cartón un hueco rectangular y lo sitúe encima de sus dibujos. Este sencillo dispositivo actúa como una ventana que permite centrar la atención en esa zona concreta y, por lo tanto, ayuda a descontextualizar las formas o colores y verlos con una nueva perspectiva. A esa ventana de papel la llamábamos "visor", pero recientemente supimos que la artista y profesora Corita Kent la llamaba "descubridor" y nos ha parecido una nomenclatura más acertada.


El paseo es un momento idóneo para la observación. Sin embargo, acostumbrados como estamos a que nuestros recorridos con la infancia tengan un objetivo inmediato: el colegio, las clases extraescolares, el centro comercial..., las personas adultas nos hemos olvidado del enorme valor del paseo como fuente de observación y reflexión.

Ahora que estamos mucho tiempo en casa y apenas podemos salir, proponemos emplear nuestro "descubridor" para mirar con él a través de las ventanas y pasear con nuestra mirada. Se trata de crear recorridos visuales para pararnos a observar detalles que antes no habíamos visto: las formas del edificio de enfrente, una mancha en el asfalto, la luz de la farola...

Una segunda parte de la propuesta, tras la observación, consiste en modificar nuestro paisaje con pequeños elementos de papel o cartulina que pegamos en el cristal de tal forma que este sea un escenario para construir una accion o una historia.

A través de esta propuesta queremos destacar la importancia de la observación para fomentar la creatividad, así como incidir en la necesidad de que los niños y niñas conozcan su entorno más próximo y adquieran un pensamiento crítico. Observar desde la ventana, sobre todo el paisaje urbano, puede ser también una forma de reflexión sobre los modos actuales de existencia.



"Descubridor" sobre un debuxo
Vista a través da xanela
Siluetas de papel recortadas sobre o cristal
Vista a través da xanela
Observando a través da xanela co "descubridor"
Creando unha acción con siluetas




 

©2020 escola imaxinada