• escola imaxinada

Películas sobre a infancia: Cafarnaúm / Wadja

Updated: Apr 13

Nesta entrada queremos compartir dúas películas dirixidas por dúas mulleres de paises árabes que deben ser tidas en conta por todas aquelas persoas que se interesan pola infancia e a educación: Cafarnaúm e Wadja.

En esta entrada queremos compartir dos películas dirigidas por dos mujeres de países árabes que deben ser tenidas en cuenta por todas aquellas personas que se interesan por la infancia y la educación: Cafarnaúm y Wadja.


Cafarnaúm (2018)

Desde Libia, Nadine Labaki dirixe e escribe esta dura historia contada cunha gran sensibilidade. Cuestións como o abuso infantil, a desprotección da infancia ou a inmigración ilegal intégranse nun relato que tamén dá pé á esperanza: a historia dun neno que se rebela contra a vida que lle tocou vivir.

Esta película, cun longo percorrido en festivais internacionais, acadou numerosos premios, inda que tamén foi criticada por algúns sectores polo que consideraban efectismo ou excesiva crueza das imaxes da infancia. En todo caso, nestes tempos de incerteza, acercarnos a realidades que non se adoitan visibilizar e que poden axudar a entender problemáticas como a inmigración, volve ser urxente e necesario.

Desde Libia, Nadine Labaki dirige y escribe esta dura historia contada con una gran sensibilidad. Cuestiones como el abuso infantil, la desprotección de la infancia o la inmigración ilegal se integran en un relato que también da pie a la esperanza: la historia de un niño que se rebela contra la vida que le ha tocado vivir.

Esta película, con un largo recorrido en festivales internacionales, obtuvo muchos premios, aunque también fue criticada por algunos sectores por lo que consideraban efectismo o excesiva crudeza de las imágenes de la infancia. En todo caso, en estos tiempos de incertidumbre, acercarnos a realidades que no se suelen visibilizar y que pueden ayudar a entender problemáticas como la inmigración, vuelve a ser urgente y necesario


Wadja (2012)

En español titulada "La bicicleta verde", de Haifaa Ao-Mansour, é a primeira película dirixida por unha muller en Arabia Saudita. Wadjda é unha nena de 11 anos que vive en Riad, a capital de Arabia Saudita, e que soña con ter unha bicicleta que contempla todos os días no seu camiño ao colexio. Con ela quere retar ao seu veciño Abdullah, con quen non debería xogar. Como está mal visto que as nenas anden en bicicleta, a súa nai négase a comprarlle unha. Aínda así, Wadjda loitará por conseguir a bicicleta e apuntarase a un concurso de recital do Corán na súa escola dotado cunha importante cantidade de diñeiro... Rodada con gran sensibilidade, é unha oportunidade de achegarnos a outros recunchos do mundo onde o cinema foi practicamente silenciado. Unha película que mostra unha realidade dura para as mulleres, ao mesmo tempo que contén unha narración chea de esperanza.


En español titulada "La bicicleta verde", de Haifaa Al-Mansour, es la primera película dirigida por una mujer en Arabia Saudí. Wadjda es una niña de 11 años que vive en Riad, la capital de Arabia Saudí, que sueña con tener una bicicleta que contempla todos los días en su camino al colegio. Con ella quiere retar a su vecino Abdullah, con quien no debería jugar. Sin embargo, está mal visto que las niñas anden en bicicleta y su madre se niega a comprarle una. Aún así, Wadjda luchará por conseguir la bicicleta y se apuntará a un concurso de recital del Corán en su escuela cuyo premio es una importante cantidad de dinero... Rodada con gran sensibilidad, es una oportunidad de acercarnos a otros rincones del mundo donde el cine ha sido prácticamente silenciado. Una película que muestra una realidad dura para las mujeres, al mismo tiempo que contiene una narración llena de esperanza.




0 views
 

©2020 escola imaxinada