• escola imaxinada

Recursos: Pequeno Azul e Pequeno Amarelo / Pequeño Azul y Pequeño Amarillo

Updated: Jan 31

Como introducir ou achegar aos nenos e ás nenas ao mundo da mestura de cores?

Unha das múltiples posibilidades é a través do conto Pequeno Azul e Pequeno Amarelo (Ed. Kalandraka). Trátase dun libro de 1962, cuxos protagonistas son dous amigos de distintas cores (primarias) que se converten nunha cor secundaria (verde) cando se abrazan.

¿Cómo introducir o acercar a los niños y a las niñas al mundo de la mezcla de colores?

Una de las múltiples posibilidades es a través del libro Pequeño Azul y Pequeño Amarillo (Ed. Kalandraka). Se trata de un libro de 1962, cuyos protagonistas son dos amigos de distintos colores (primarios) que se convierten en un color secundario (verde) cuando se abrazan.


A ilustración coa técnica de collage de Leo Lionni, minimalista e de gran sinxeleza gráfica, permite traballar cores, tamaños ou direccións con simples formas irregulares de papel. Ademais, a historia está impregnada de valores como a amizade, a comprensión, o compartir… En definitiva, é unha obra que pode ser o punto de partida de numerosas propostas nas aulas.

La ilustración con la técnica de collage de Leo Lionni, minimalista y de gran sencillez gráfica, permite trabajar colores, tamaños o direcciones con simples formas irregulares de papel. Además, la historia está impregnada de valores como la amistad, la comprensión, el compartir… En definitiva, es una obra que puede ser el punto de partida de numerosas propuestas en las aulas.







131 views
 

©2020 escola imaxinada