top of page
  • Foto del escritorescola imaxinada

Sobre fofuchas, bonecos e monicreques / Sobre fofuchas, muñecos y títeres

Actualizado: 25 may 2021

A maioría de manualidades e xoguetes comerciais dirixidos á infancia, adoitan ser produtos estereotipados que seguen unha fórmula carente de expresividade e estilo persoal. Un exemplo son as omnipresentes fofuchas, ou figuras de goma eva, habituais en aulas, escolas ou escaparates. Baixo unha aparencia infantilizada (que non infantil), uniforman a figura humana e, con iso, invisibilizan outras representacións máis persoais e significativas, como as realizadas pola infancia.


Resulta paradoxal que, nun mundo hipercomunicado onde resulta fácil acceder a multitude de imaxes valiosas doutras épocas e culturas, a estética se teña emprobrecido e estereotipado. A pouca importancia que se lle da á educación do sentido estético fai que sexan os medios de comunicación os que impoñen un gusto único, uniformándoo sen que apenas nos decatemos. Como consecuencia acábase recorrendo ás mesmas páxinas web ou redes sociais onde o imaxinario que se nos presenta é moi pobre.


Como formadores de formadores, se queremos levar a cabo unha proposta de creación de bonecos ou monicreques, o noso traballo consiste, en primeiro lugar, en ampliar os referentes do noso alumnado para que coñezan como outras persoas, en diferentes épocas e culturas, abordaron a representación da figura humana no deseño de xoguetes para a infancia. A continuación imos presentar unha pequena selección de traballos de artistas e deseñadoras resultado do achegamento entre arte, deseño e infancia.


Hanna Höch: (1889-1978) o movemento Dadaísta ao que pertenceu, entregouse á espontaneidade e a falta de códigos preestablecidos da infancia. Unha arte que protestaba e reaccionaba ante o sinsentido da primeira Guerra Mundial.



Annie Albers (1899-1994): artista coñecida polo seu traballo pictórico e téxtil e polo seu íntimo coñecemento dos materiais e técnicas de tecido, un modo de produción case tan antigo como a humanidade. Froito dese coñecemento realizou esta serie de bonecos onde mestura pezas de madeira con fibras vexetais.



Joaquín Torres-García (1874-1949): foi un artista uruguaio cuxo pensamento e obra viraba ao redor da idea de volver a unha infancia da humanidade e a unha infancia das formas. A produción de xoguetes rendeu homenaxe a esa obsesión e supuxo un laboratorio de formas que se transforman de maneira incesante. Na serie ‘Aladdin Toys’, explora a noción dunha estrutura de madeira transformable, unha idea que conformaría gran parte das súas obras artísticas, tanto as súas pinturas como as súas esculturas.

Cando en 1924, en tempos de entreguerra, pobreza e escaseza, crea a súa fábrica de xoguetes o artista confesa: «eu volvo animarme a traballar, despois de tanto tempo de non pintar nada. Os xoguetes arrástranme a iso. Porque é o mesmo que o outro. Ao fin creo que achei algo que, a pesar de dar diñeiro, –se é que o dá– farame feliz facelo. Todo é xoguete e pintura!…».



Sophie Tauber-Arp (1889-1943): a súa obra abarca desde a danza abstracta ata as artes figurativas, os monicreques, o traballo das teas e a artesanía. É autora dun espectáculo para monicreques que marcou a vangarda no século XX. En 1918, Alfred Altherr confioulle a dirección do Rey Cervo de Carlo Gozzi nunha adaptación orixinal de René Morax. Realizou o decorado e deseñou as marionetas de fíos, que foron esculpidas por Carl Fischer. Os personaxes concíbense a partir de formas xeométricas elementais –unha constante na obra de Sophie Taeuber- Arp– proxectadas sobre tres dimensións: cilindros, esferas, conos..., unidos por aneis metálicos. Os corpos dos monicreques, segmentados en varias partes con múltiples articulacións, inspíranse nos insectos. A experiencia da danza reflíctese no movemento dos monicreques. A estrea do espectáculo tivo lugar o 11 de setembro de 1918 no Schweizerischer Marionettentheater de Zúric e cultivou un gran éxito.



Otto Morach (1887-1973): en 1918 creou impresionantes monicreques de formas cubistas para a composición musical de Claude Debussy, A boîte à joujoux e mantivo o seu entusiasmo polo teatro de marionetas ata 1931 en colaboración co escultor Carl Fisher.



Oskar Schlemmer (1888-1943): artista e profesor da escola Bauhaus, onde asumiu a dirección do taller teatral impulsou o teatro de monicreques entre o seu alumnado. Destacamos a presentación por parte de Marcel Breuer da obra ABC Hippodrom, na que, diante dunha tea negra, figuras de dúas dimensións de distintas proporcións movíanse grazas a bailaríns fóra da vista dos espectadores. Tamén dez marionetas creadas polos estudantes que experimentaban no taller escénico baixo a súa dirección para a obra "As aventuras do pequeno chepudo" sen que entón chegase a representarse.



Paul Klee (1879-1940): realizou ata 30 marionetas de man para o seu fillo Félix, ao que lle fixo un teatro cheo de fantasía. A maioría destas marionetas parecen saídas dos seus cadros e outras se inspiraban en profesores da Bauhaus onde daba clase, como Oskar Schlemmer ou el mesmo.



Da deseñadora Minka Podhajska (1881-1963) destacamos os bonecos de madeira pintada realizados en Checoslovaquia en 1930 e titulados "Personificacións de falcatruadas infantís".



O pintor e historietista Lyonel Feininger (1871- 1956) tamén creou figuras de madeira talladas para a infancia. As figuras da imaxe son personaxes da súa tira cómica "The Kin- der- Kids and WeeWillieWinkie's" realizados en 1944.



Reivindicamos a importancia de traballar desde o contexto próximo da infancia, investigando nas tradicións da nosa contorna. Neste caso destacamos os sanandresiños, unha das máis antigas artesanía rurais de Galicia. Figuras realizadas con faragullas de pan na comarca de San Andrés de Teixido, están moldeadas en forma de amuleto, bautizadas co alcume do santo.

A súa confección é orixinaria das Reginas de Cedeira, familia que durante séculos deseñou e elaborou estas figuras e que foron pasando a herdanza de xeración en xeración. Coñecer as tradicións é unha forma de preservalas e continualas no futuro, sendo ademais unha fonte de recursos para desenvolver procesos persoais.




 



Sobre fofuchas, muñecos y títeres


La mayoría de manualidades y juguetes comerciales dirigidos a la infancia, suelen ser productos estereotipados que siguen una fórmula carente de expresividad y estilo personal. Un ejemplo son las omnipresentes fofuchas, o figuras de goma eva, habituales en aulas, escuelas o escaparates. Bajo una apariencia infantilizada, (que no infantil) uniformizan la figura humana y, con ello, invisibilizan otras representaciones más personales y significativas, como las realizadas por la infancia.



Resulta paradójico que en un mundo hipercomunicado, donde resulta fácil acceder a multitud de imágenes valiosas de otras épocas y culturas, la estética se haya empobrecido y estereotipado. La poca importancia que se le ha dado a la educación del sentido estético ha hecho que sean los medios de comunicación los que modelen nuestro gusto, uniformándolo sin que apenas nos demos cuenta. Como consecuencia se acaba recurriendo a las mismas páginas web o redes sociales donde el imaginario que se nos presenta es muy pobre.


Como formadores de formadores, si queremos llevar a cabo una propuesta de creación de muñecos o títeres, nuestro trabajo consiste, en primer lugar, en ampliar los referentes de nuestro alumnado para que conozcan como otras personas, en diferentes épocas y culturas, abordaron la representación de la figura humana en el diseño de juguetes para la infancia. A continuación vamos a presentar una pequeña selección de trabajos de artistas y diseñadoras resultado del acercamiento entre arte, diseño e infancia.


Hanna Höch (1889-1978): el movemento Dadaísta al que perteneció, se entregó a la espontaneidade y a la falta de códigos preestablecidos de la infancia. Un arte que protestaba e reaccionaba ante el sinsentido de la Primera Guerra Mundial.



Annie Albers (1899-1994), artista conocida por su trabajo pictórico y textil, y por su íntimo conocimiento de los materiales y técnicas de la tejeduría, un modo de producción casi tan antiguo como la humanidad. Fruto de este conocimiento realizó una serie de muñecos donde mezcla piezas de madera con fibras vegetales.



Joaquín Torres-García (1874-1949): fue un artista uruguayo cuyo pensamiento y obra giró en torno a la idea de volver a una infancia de la humanidad y a una infancia de las formas. La producción de juguetes rindió homenaje a esa obsesión y supuso aun laboratorio de formas que se transforman de manera incesante. En la serie ‘Aladdin Toys’, explora la noción de una estructura de madera transformable, una idea que conformaría gran parte de sus obras artísticas, tanto sus pinturas como sus esculturas.

Cuando en 1924, en tiempos de entreguerra, pobreza y escasez, crea su fábrica de juguetes el artista confiesa: «yo vuelvo a animarme a trabajar, después de tanto tiempo de no pintar nada. Los juguetes me arrastran a eso. Porque es lo mismo que lo otro. Al fin creo que habré hallado algo que, a pesar de dar dinero, –si es que lo da– me hará feliz hacerlo. ¡Todo es juguete y pintura!…».



Sophie Tauber-Arp (1889-1943): su obra abarca desde la danza abstracta hasta las artes figurativas, los títeres, el trabajo de las telas y la artesanía. Es autora de un espectáculo para títeres que marcó la vanguardia en el siglo XX. En 1918, Alfred Altherr le confió la dirección del Rey Ciervo de Carlo Gozzi en una adaptación original de René Morax. Realizó el decorado y diseñó las marionetas de hilos, que fueron esculpidas por Carl Fischer. Los personajes se conciben a partir de formas geométricas elementales – una constante en la obra de Sophie Taeuber-Arp – proyectadas sobre tres dimensiones: cilindros, esferas, conos..., unidos por anillos metálicos. Los cuerpos de los títeres, segmentados en varias partes con múltiples articulaciones, se inspiran en los insectos. La experiencia de la danza se refleja en el movimiento de los títeres. El estreno del espectáculo tuvo lugar el 11 de septiembre de 1918 en el Schweizerischer Marionettentheater de Zúrich y cosechó un gran éxito.



Otto Morach (1887-1973) en 1918 creó impresionantes títeres de formas cubistas para la composición musical de Claude Debussy, La boîte à joujoux y mantuvo su entusiasmo por el teatro de marionetas hasta 1931 en colaboración con el escultor Carl Fisher.



Oskar Schlemmer (1888-1943): artista y profesor de la escuela Bauhaus, donde asumió la dirección del taller teatral impulsó el teatro de títeres entre su alumnado. Destacamos la presentación por parte de Marcel Breuer de ABC Hippodrom, en la que, delante de una tela negra, figuras de dos dimensiones de distintas proporciones se movían gracias a bailarines fuera de la vista de los espectadores. También 10 marionetas creadas por los estudiantes que experimentaban en el taller escénico de la Bauhaus bajo su dirección para la obra "Las aventuras del pequeño jorobado" sin que entonces llegara a representarse.


Paul Klee (1879-1940): hizo hasta 30 marionetas de mano para su hijo Félix, al que le hizo un teatro lleno de fantasía. La mayoría de estas marionetas parecen salidas de sus cuadros y otras se inspiraban en profesores de la Bauhaus donde daba clase, como Oskar Schlemmer o incluso a él mismo.




De la diseñadora Minka Podhajska (1881-1963) destacamos los muñecos de madera pintada realizados en Checoslovaquia en 1930 y titulados "Personificaciones de fechorías infantiles"



El pintor e historietista Lyonel Feininger (1871- 1956) también creó figuras de madera talladas para la infancia. Las figuras de la imagen son personajes de su tira cómica"The Kin-der-Kids and Wee Willie Winkie's" realizados en 1944



Reivindicamos la importancia de trabajar desde el contexto próximo de la infancia, investigando en las tradiciones de nuestro entorno. En este caso destacamos los sanandresiños, una de las más antiguas artesanía rurales de Galicia. Figuras realizadas con migas de pan en la comarca de San Andrés de Teixido, están moldeadas en forma de amuleto, bautizadas con el apodo del santo.

Su confección es originaria de las Reginas de Cedeira, familia que durante siglos diseñó y elaboró estas figuras y que han ido pasando la herencia de generación en generación. Conocer las tradiciones es una forma de preservarlas y continuarlas en el futuro, siendo además una fuente de recursos para desarrollar procesos personales.



909 visualizaciones1 comentario
bottom of page